
A asociación O Esquio no Piñeiro en colaboración co Concello de Brión organizan para o día 8 de maio unha ruta btt entre Camariñas e Laxe.
INFORMACIÓN XERAL

DATA: sábado 8 de maio de 2010
PREZO: 10 € [Gastos de transporte]
LIMITE DE PRAZAS: 50 participantes
SAIDA EN BUS ÁS 09:00 HRS. DA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA
DISTANCIA: 40 km aprox.
DESNIVEL ACUMULADO EN SUBIDAS: 658 m
ALTITUDE MÁXIMA/MINIMA: 191/0 m
DIFICULTADE: media/baixa
PUNTO DE PARTIDA: Faro de Camariñas
PUNTO DE FINALIZACIÓN: Praia de Soesto en Laxe
COMENTARIO SOBRE A RUTA

A ruta comeza no Faro de Camariñas ata onde chegaremos en Autobús. Sempre próximo á costa, o itinerario presentanos terreos moi variados que van requerir tanto da nosa capacidade técnica como da resitencia das nosas pernas. O tramo de camiño que bordea o mar entre a ensenada de Camelle e a praia de Traba, así como o que dende o outro extremo de Traba chega a praia de Soesto, son os de maior esixencia técnica. Nalgún momento obrigarannos a poñer pe en terra. Os tramos con pendientes máis esixentes e prolongadas atopanse a partires da Punta do Boi (Cabo Tosto), unha ver sobrepasado o pequeno cementerio dos Ingleses. Dende alí e ata chegar a Arou atravesaremos por pistas amplas a Serra de Pena Forcada, zona arbolada e onde veremos unha gran cantidade de xeradores eólicos.
Ao pouco de sair de Camariñas desfrutaremos da beleza do entorno do Cabo Vilán e do seu magnífico faro. Ao longo de toda a ruta iremonos atopando con innumerables calas de pedras redondeadas e praias de area fina que invitan a refrescarse, atravesaremos as dunas da praia de Traba por unha moderna senda de madeira que bordea a súa laguna e o final contemplaremos a espectacular praia de Soesto. A ultima subida para chegar ao alto dende o que descenderemos a Laxe faranos sudar.
INSCRICIÓNS
1.- Pinchar aquí e cubrir o formulario cos datos.
2.- Ingresar na conta 2091 0327 01 3040008195 [CAIXA GALICIA] a cantidade de 10 € indicando no concepto: "RUTA CAMARIÑAS - LAXE e o NOME DO PARTICIPANTE"
ANIMADEVOS A PARTICIPAR QUE VAI SER UN DIA MOI CHULO
3 comentarios:
Interesante, pero es muy pronto para saber lo que voy a hacer en Mayo. Uno que es asín¡¡
Ánimo con estas iniciativas.
CAgo na coruña hay que pagar pa todo jejeje!!!! imos ir por partes como Jack o destripador, primeiro teremos que facer a marcha dos veciños, celebralo como é debido se sale ben(drink,drank,drunk e churrasco). E despois pensar nesta aventura e mais na das trampas do Peifo.
FeLIX FAI CRÓNICA DA DE HOXE SE PODES PLEASE!!! que Txus pasa de escribir...
Publicar un comentario