RUTA DE LOUSAME OU O INFERNO DE LOUSAME

Ainda que amenazabamos con ser un "monte de cabras", ao final acudimos 7 (que xa non está mal) a marcha de Lousame. Os agraciados en disfrutar desta marchiña fomos: Chucho, Denis, Cholo, Josito, Luis Casal, Pancho e máis eu.

Máis ou menos a hora acordada (14:00 hrs.) apareciamos na base de protección Civil para arrancar cara Lousame, e a verdade e que fomos bastante puntuais, xa que fomos os primeiros que nos deixamos ver no pabellón de Lousame. Recollida de dorsais e regalos ("mochila" + neceser), montaxe de bicicletas e tirarnos a sombra a esperar mentres non daban a saida, espera que estivo amenizada por Cholo, xa sabedes, sempre grande... que si dorsais, que si mira que tatuaxe, que se aventura... en fin que fixo que ainda botaramos unhas risas mentres esperabamos.

Por certo a estas alturas da película ainda faltaba Pancho, que fora comer a casa de non sei quen e se olvidara as chaves da súa casa non sei onde... Bueno, en definitiva, que estabamos todos formados para arrancar. A ruta comezaba no Concello de Lousame tendonos que desplazar dende o pabellón ata alí por un circuito con saltos, curvas pronunciadas, "down hill" total, jejeje, a verdade e que comezaba a cousa divertida. Unha vez chegados ao Concello colocámonos en primeira liña, Pancho quería sair na foto... consellos da organización, e case sen enterarnos, saida... a cousa comezaba por pistas anchas de asfalto... Pancho e Denis xa se distanciaban do grupo nestes primeiros momentos situandose na cabeza da marcha, nos máis timidiños quedabamos atras... pero derrepente... SORPRESA, a ruta estaba mal sinalizada e había que dar volta, co cal invertianse as posicións, agora o grupo rezagado eramos a cabeza da marcha e os que ian primeiros quedaban nas últimas posicións, todos menos Denis, que parece ser que non dou volta e foi por unha alternativa...

Entrabamos no monte, por camiños moi ratoneros, cerrados e moi estreitos, a verdade e que esta primeira parte estivo moi ben. Só un pequeno enconvinte, os embotellamentos que se facian en determinadas zonas polo estreito dos camiños. Neste punto, Denis desaparecido, Pancho e Chucho adiantandonos e buscando a cabeza de carreira, e o noso grupo (Cholo, Josito, Casal e máis eu) mentalizandonos en ir en velocidade cruceiro, reservandonos para as impoñentes subidas que nos esperaban, segundo nos había dito Pancho que xa fixera a ruta a semana pasada. A partir de aquí xa non volvemos a ver a estes tres ata os pinchos do final da marcha. Aqui foi onde sucedeu a primeira das anecdotas do día: un fulano que nunha das primeiras subidas se queimou e soltanto un "mecaghona bicicleta da virgen" a tirou polo monte abaixo. VAIA RISAS...



A primeira subida fixose case sen darnos conta... a verdade era de pouca altitude, e entre os embotellamentos e os camiños tan chulos case non se notou. A que si se notou foi a baixada... bufff, que matadora (sobre todo para os das rígidas), a baixada era moi técnica e a verde estaba bastante mal, moi rota e onde so había un sitio por onde trazar, senon matabaste...




Logo desta baixada tremenda, atopámonos co avituallamento líquido e a verdade estivo moi ben pensado xa que co bochorno que facía agradeceuse moitisimo auga fresquiña antes de comezar a primeira subida importante do día. Como xa dixen, a nosa tónica era reservar forzas para a subida final que era a que máis prometía, pero comenzado esta segunda a Josito cruzaselle o cable e comeza a tirar como se estivera tolo (esta xente é coma os toros, ven o rojo e tolean...), Cholo segue ó escapado e Casal e máis eu seguimos en velocidade cruceiro, subindo con calma pero a bo ritmo. A verdade e que esta subida recordaba bastante a da ruta dos OEAs, subida técnica e con moita pedra, na que non houbo máis remedio que poñer pe a terra, eso sí, en moi contadas ocasións. Ao final da subida avituallamento sólido e reagrupamento do grupo outra vez, Josito e Cholo arrepentindose da azaña que acababan de facer e casal e máis eu bastante ben de forzas... comemos como animales, e seguimos para enfrontarnos aos últimos 10 kilómetros de ruta. Estes últimos kilómetros foron os peores da ruta, tando pola dificultade como polo cansancio acumulado... a útlima subida foi realmente dura, dura, dura... moi rompepernas, e moi larga, pensabamos que non acababamos... o punto pero foi cando o tipiño da moto nos dixo "ainda quedan 9 para acabar"...bufff, que baixón de moral, pero a verdade e que e foi todo baixar, primeiro por un cortafuegos... moi aberto pero moi técnico, a verdade e que baixamos a fuego eh? e a última parte por camiños outra vez pechados e moi moi ratoneros polo medio do monte.


O final 45 km. e para rematar duchiña en auga quente, jejeje, que pasada...! e un pinchos dos que pouco disfrutamos xa que xa era tarde e marchamos pronto.

Comprobade o calendario de marchas e hai que organizar a seguinte...

8 comentarios:

txus dijo...

q porkos.............morro koa envexa............ahhhhhhhhhhhhhhhh

Luis Cooper dijo...

Esas dorsaleeeeeees jajajajaja paseino moi ben a verdade jajaja

tholo dijo...

eee familia que ben o pasades co espalda plateada,todos falades de puta madre agora co collon a remollo pero ali tiñamos todos cara de musampas acordamonos todos da nai do da organizacion e eu do da moto que dixo todo cheo veña que solo quedan 9 no me jodas....enfin compañeiros umha mais po lombo e son pardidario dun alboroque lla, que esto non ten xeito ai que rasonar todalas dudas con umha xerra na man ou...bicos e apuntarse na de vila garcia na do mexilon....podiamos ir un dia antes ai queda...

Anxo dijo...

Boa cronica Julius, e que decir do espalda plateada jajajaja Grande Di Caprio, haber se sana a miña rodilla e se hay cartos e salud intentarase Villagarcia.

Oscarito dijo...

jejeje boa cronica, a marcha polo que escoitei tivo ben pero durecha... bueno, o que non mata engorda.

e con cholo por ali... solo poden ser as risas... ese si que era un bo fichaje pos OEAS... pero ten moita cláusula de rescision!

enga, a coidarse cabras!

tholo dijo...

oscarito todo e falar desa clausula un bocata e uns pales de birras e vendome pronto oque era o xusto e facer un festival de hermanamiento,umha excusa macho xa me entendes.vemonos e aver se non e sempre dando pedal detras vosa tamen ai tabernas..........

Luis Cooper dijo...

Sábado vou a Andaina dos 50 km do CD Fontiñas para non perder a tradición, pero a do Salmón vou a ir fijo, me apetece ver o recorrido que seica e moi bonito, ainda que tamén e bastante suaviña. Apuntareime cando poida

Anónimo dijo...

Anxo eres un fillo de puta¡¡tes os collons de deixarnos tirados sin avisarnos e apagas o movil por largarte de borrachera.das asco¡¡e atrveste a falar da xente que ten que deixar de lado a bici por cousas mais importantes,nin ers un amigo nin ostias pero a culpa e dos que siguen contando contigo.E os que vos gusta a bici pasade de este tio salide pola vosa conta ou salide con outro grupo pero non contedes con este puto imbecil,un tio que nin traballa nin fai nada en todo puto dia(alguha palla) deixanos tirandos por uns cubalibres, que fara cando colla moza ou traballo.conmigo non contes mentras non espabiles. JOSITO