
ORGANIZA: CONCELLO DE TOURO
SAÍDA: ÁS 16 HORAS DESDE O CONCELLO.
ENTREGA DE DORSAIS: A PARTIR DAS 15 HORAS NO CONCELLO.
INSCRICIÓN GRATUÍTA: ATA O DÍA 15 DE XUÑO.
enviando ao mail pugagarcia1@yahoo.es os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- DNI
- Data de nacemento
- Localidade de procedencia
PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES E SORTEOS.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
DISTANCIA: 38 Km. DIFICULTADE TÉCNICA: MEDIA. DIFICULTADE FÍSICA: MEDIA-ALTA
SERVIZOS:
- Zona de duchas
- Zona para lavado de bicicletas
MÁIS INFORMACIÓN DA RUTA NA WEB:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1721373
REGULAMENTO II RUTA RÍO ULLA BTT
1.-O Concello de Touro (en adiante O Concello), organiza a II Ruta Río Ulla en BTT de Touro que terá lugar o sábado 18 de xuño, cun percorrido de 38 km. de dificultade Media.A mesma será de carácter non competitivo.A saída terá lugar ás 16 horas de diante da Casa do Concello.Aqueles participantes que ás 18:15 horas non pasaran polo punto de avituallamento situado no km. 22 do percorrido, serán desviados por unha ruta alternativa, co fin de que o remate da mesma non se demore demasiado.
2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición.
3.- O prazo de inscrición finalizará o día 15 de xuño ás 24:00 horas. A inscrición farase efectiva mediante chamada telefónica ó número 981 504029, ou na web do Concello www.concellodetouro.com. Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba que non se solicitaran con anterioridade, mediante contacto coa organización, antes do peche da inscrición.A cuota de inscrición, é gratuita.A inscrición dará dereito á participación na proba, e incluirá os avituallamentos e obsequios que se entreguen.Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.
4.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 15:00 horas, do día 18 de xuño de 2011 no Concello de Touro, sito en Fonte Díaz. A saída efectuarase ás 16:00 horas, sendo as 18:40 horas a hora prevista de chegada para os primeiros participantes. A recollida de dorsais farase de xeito individual, presentando DNI.
5.- O emprego do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. Recoméndase a utilización de roupa deportiva axeitada. Todo ciclista participante deberá permanecer dentro do circuíto da proba e atender ás instruccións da Organización. O Concello non se fai responsable dos accidentes, nos que pudiera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como as débedas ou danos que por estes motivos pudieran contraerse durante a proba.
6.- O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Touro, existindo cruces con tramos de estradas, que estarán pechados ao tráfico para outros usuarios, salvo servizos de urxencias polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
7.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento.
8.- A Organización preveu avituallamentos suficientes, tanto sólidos como líquidos, para realizar o recorrido convenientemente, así como un aperitivo de convivencia ao rematar a proba e obsequios conmemorativos.
9.- En todo momento respectaranse e obedeceranse as ordes e directrices do director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.
10.- A Organización contará con servizo de ambulancia e médico a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil e dun seguro de accidentes para os participantes, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
11.- O Concello facilitará aos participantes, dentro das súas posibilidades, asistencia mecánica, que non incluirá pezas nin recambios que serán por conta dos mesmos.Existirá igualmente un servizo de lavado de bicicletas gratuíto ó final da proba.
12.- A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.
13.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.
14.-A proba realizarase independentemente da climatoloxía dese día.DATA: SÁBADO 18 DE XUÑO DE 2011
5 comentarios:
Si es por el Rio Ulla, hay que llamar a Julio¡
No tiene mala pinta, si va Pancho yo voy.
ese dia creo q se kontrae nupcias manel is a pumki.................. por certo si vai o yonki eu nn vou( xa nn kontestas os sms), m hiciste daño. bks fresas
Cada vez estoy mas convencido de ir, acabo de enviar la inscripción.
¿Aun no sabes que lo nuestro es imposible?
Mejor que no te contestase, joder, un jueves por la mañana para ir de paseo. Eso lo pueden hacer los autonomos/empresarios. Crei que me lo enviabas para que te insultase un poco, por eso lo de no dar aprecio.
Osti... deja de escribir en morse¡
Estas marchas son: más divertidas, son cerca, hay que intentar ir, SON GRATIS!!!!!!!!!
2x1 Rubial + Tres Picos 42km.
Viernes 10 de junio, para el recuerdo, después de mil intentos completamos uno de los desafíos de toda la vida, subir el 3 Pico!!!! Es subibleeee, ir a comprobarlo antes de que caigan chaparrones que muevan las piedras y deshagan las trazadas para subirlo.
Denis ya lo subió ayer en solitario y yo hoy con él, ir y probar!!!
Domingo de mañana PEDROSO si la noche lo permite, CAMPEONATO DE DESCENSO hay que verlo, de 11:00 a 15:30
Publicar un comentario