PINCHOS QUE PINCHAN!!!!!!!

Fecha:08/01/2012
Destino: Jaliñeiro + Xesteiras + Castro Valente
Kms:eu creo que 45 pero 45 dos BOS!!! Ces 54Km

Asistentes:Ces, Miguel, Anxo.

Vou empezar polo perfil, pra irme situando, que ca de voltas que demos e moi facil perderse.


10:00AM Hora Zulu, despois de aterrizar co peugeot 106 de miña nai en Padrón, reúnome co Marine Ces Cristobo para emprendela Misión. As coordinadas meten medo, unha vez entrado en territorio hostil, haberá que subir 15km seguidos, pasando dunha altura de catro metros sobre o nivel do mar(Ponte Cesures) a os 715metros do Monte Xesteiras!!!


Toda vai sobre rodas, non nos queda outra jajaj.Atravesamos Cesures e desviamonos a izquierda, xa empezan os primeriros bombardeos e non levo nin quince minutos na bici. O inimigo que nos está a atacar e o Jaliñeiro e ainda porriba lanza as bombas desde un mirador situado sobre os 300metros, solventamos sen moitos problemas este primeiro puerto de asfalto, pero eu xa vou jraseando pensando na seguinte misión.


Entramos no noso habitat e que bonito é esto familia. Bordeamos o monte,cunhas vistazas, rodando sobre unha terra dura que permite subir con facilidade o ritmo. Esto de rodar rápido por aquí é na miña opinión o que che pode amargala volta, ou igual supoño que debe ser un dos tantos puntos fracos meus.


Xa me empezo a poñer nervioso, porque o Xesteiras ainda nin se asoma e xa levamos unhas subidiñas ó lombo. Seguimos rodando e nun cruce de monte salenos perfectamente coordinado Miguel, un amigo de Ces que nin que quedaramos con él, porque a cousa parecia estar programada, cojonudo xa somos tres, e paliqueando ainda se fai mais amena a cousa.


Palique houbo todo o camiño, pero Miguel xa viña aclimatado jejej, quero dicir que viña da casa fresquiño e entre él e Ces o rodar nos llanos en plato fixo que me desgatara bastante.Por fin vese o Xesteiras e vese algooo lexiños ainda...


Entramos agora no kilometro 20, que vendo o perfil, supoño que ten que ser no desvío de izquierdas onde xa volve picar a subida.


Esta subida e moi larga pero moi chula, sería por comparar con algo como subir o monte Meda pero multiplicado por dous a distancia de subida. Pola parte que me levaron a min non hay planchas matadoras, pero dou fe de que descartamos algunha variante de subir que TRemenda plancha. Por momentos acabase a conversación xa vos sabedes, o RoCk and Roll de subida!!


Non sei porqué nótome motivadísimo subindo, estamos no que parece a parte final, xa digo parece...hay as típicas curvas de orquilla e o lonxe xa se ve o radar enorme de meteogalicia(creo que é un radar), Ces como en todo o recorrido vaime informando do que queda, dime que espere os ultimos metros para que voen os cuchillos é dicir atacar pero non me din contido!!!!! Estas curvas cerradas subindo encantanme, e senon as paso rápido quedome clavado, aparte de pensar eso queria probar o meu motor Gasolina en Reserva1.2 frente o GTI de Ces jejeje, pouco me durou o meu intento jajjaajja, pero o corpo pediame que o fixera. Cólleme Ces e pásame, manteñoo ao alcance da vista pero creo que é polo terreno, este ultimísimo tramo de repeito recto ten un terreno mais blando que fai que non se mova o velocípedo. E por fin coronamos, exactamente nunha hora e media xusta, saímos as 10:05 zulu e chegamos arriba as 11:35


Paramos para descansar e desfrutar das vistazas que permitia o día, completamente despejado podense ver case todolos pinchos que subimos habitualmente, a diferencia e que desde esta perspectiva os pinchos quedan ala abaixo, vese todo!!! O fondo o Mercuto, o meda parece unha caquita desde aquí o Muralla vese perfectamente, a ria, a Curota pffff mil opcións para recreala vista, ahh e o Xiabre que ten moi boa pinta(****próximo objetivo****). Ata aquí arriba podo guiarvos sen problema, pero despois de coronar olvidense!!!!


Canseime de baixar rapaces, e veña pa baixo!!!! As primeiras baixadas son rapidísimas, non vos estrañedes se colledelos 60km baixando, bueno teñen de todo en cuestións de baixadas, a maioria teñen algo de pedras sueltas, noutras baixas cortafuergos como paredes, saltos e moita acción. Eu descolgueime baixando, o terreno pide doble suspensión para baixar pero o Ces GTI debe levar muelles agachados entre o carbono porque mi madriña, non sei como non escachóu a Ditec, e Miguel si que o pasou ben co seu pepino doble.


Como non, os altos cargos do pentágono de Rois encomendáronnos outra misión, Subida o Castro Valente, xa o nome o di todo, esto e como subir a caseta do Rubial, aqui pásanos un de Ultreia que parecia que levaba pimienta no cu. Amarrei a Ces para que non se quentara e seguimos o noso ritmo que pouco a pouco foise acelerando nesta subida, e depois de coronar veña pa baixo outra vez!!! Fomos a dar os camiños que se ven cando coronamos o meda, os camiños que se ven serpenteando o monte que esta enfrente o Meda. Desde aquí impresiona o Meda por esta cara parece mais do que realmente é.Debe ser o cansancio que ainda me dura, porque xa non me acordo de moito máis. Ahh de aquí seguimos baixando ata Padron, pisteando un pouco soltando as pernas e pedindolle a Ces que abortara máis misións que a min xa me iba chegando jejej. Despedímonos de Miguel, xa o encontraremos calquer outro día de sorpresa polo monte jeje. E continuamos Ces mais eu ata o meu final que era en Padrón.


Unha aventura carayuda, xa volo dixen o outro día, facede as maletas que nos vamos. Creo que podémolo facer desde Brión pero descartando a subida do Castro valente e as mil pistas de baixada, e dicir ir o Xesteiras en modo ahorro energético e vir de volta por carretera, penso que desde Brión serian uns 60km.


Sen mais palabriñas agradecer a Ces e a Miguel que me enxinaran esta ruta para despois intentar dala a conocer con todos vós.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Espacio patrocinado por---CLEMBUTEROL PLUS---

CES GTI dijo...

colacheste en algun detalle.
o Xesteiras ten 715m non 736,polo resto creo que todo ben.

puntualizar que me parece imposible facer Xesteiras desde Brion con solo 60km.

en moco "econo" creo que non baixaria de 66 o incluso 68km,eso si,uns 40 deles por carretera moi levadeiros.

cando queirades ir o Xiabre guiovos eu se problema.

Anónimo dijo...

Mi ma.....palanquiñas haber si nos levas pronto......porqe ten moi boa pinta....estou seguro qe disfutache coma un leon....ja ja ja.....o qe pasa qe pa facela non se pode sair as 10 da maña je je je.....haber si a facemos varias cabras.....co noso amigo ces

david pilas dijo...

quen te veria graxear!! ,ten moi boa pinta,temos que ir un dias cas machadas e as escopetas por si acaso,haber se quedamos seis ou sete cabras para a ocasion,un saudiño

Anxo dijo...

Tedes razón, seguramente desde Brion indo todo por carretera, coronar e baixar por onde se sube daría uns 70km, eu penso que en catro horas e media a ritmo suave poderia facerse. O que non se pode e ir con prisas nin vir agoviado para casa por ter compromisos.

Escollede un dia que teñades tempo de sobra para sair as 9:30 da mañan e chegar sobre as duas, con margen de error de tempo, por se surgen averias ou calquer outro incidente.

O tema do Xiabre, queda pendiente para a próxima vez que coma en Padron, dentro de duas ou tres semanas. Primeiro teño que sair desde Padron para recoñecelo terreno e logo xa se faran os intentos desde Brion!!!

Ah e mañan se alguen me ven a buscar eu baixo para andar na bici, senon descanso que non pasa nada.