SUA, SUA, CA PARIS DE NOIA!!!!

Fecha:03/01/2012
Destino:Ruta de Ponte Maceira + Subida do Rompepernas + Baixada dos Cabalos + Ruta LLana + Camiños de Rois + Rubial
Kms: xa mos dirá Ces, pero creo que eran pouco mais de 50km eu, Ces chegaria sobre os 70km e Menchó ten un capítulo a parte...
Asistentes: Ces Pura Sangre Inglés, Lejarreta Menchó, Panlankiñas Absalon.


CAPÍTULO I
1ºPASE DA PARIS DE NOIA

Vaia tunda a de hoxe!!!!! BUFFF... A quedada foi onte ca idea de facer algo suave, e por camiños lisiños, xa me contesta Ces que sendo así daquela vou ca bici de ciclocross(cx).

Pa buscar camiños lisos e algo suaves, optei por facer a ruta de Ponte Maceira que xa lle tiña ganas. O caso e que xa o sair de Liñares, a subida de Brión fixose nun tris, quero dicir a bo ritmo, ahi xa notei o Leonino de Menchó que hoxe cativeaba algo, ainda que igual podían ser sensacións malas por selo principio ainda da volta. Xa paramos a coller auga e veña por Trasmonte a disfrutar dos camiños, que chulos estaban hoxe, cheos de follas e ca suerte de que non nos choveu en toda a volta, con boa temperatura sen nada de frío. Gracia me facia ver a Ces baixando ca de cx, non tou afeito a ver ese tipo de bici polo monte, ver derrapar as de carretera polo monte traeme moitos recordos dos meus inicios de dar pedal, vaia risas jaja, o caso e que non se cortaba de nada, e veña saltitos derrapes, xa sufria eu vendo esas llantas perfiladas polo medio das pedras e Ces coma si nada.

Chegamos a Ponte Maceira, disfrutando do día e do paseo, pero xa empeza a sonar o segundo pase da Paris de Noia!!!!!!!!!!!!! Aquí xa deixamolos pasadobles máis o chachachá, para coller as guitarras electricas e DARLLE O ROCK AND ROLL.

CAPÍTULO II- SEGUNDO PASE DA PARIS DE NOIA

SUBIDA DO ROMPE PERNAS:
Sona AC DC, diante vai Angus Young Cristobo que ten a bici cuns desarrollos no aptos para ir amodo jajaja, eu vou con calma que hay que dosificalos excesos de navidad, detras miña ven pegadiño Menchó, pero xa na ultima plancha miro atrás e non o vexo, non e normal, contaba con que me adiantara na ultima plancha antes de coronala subida de Calo, pero... Uffff como viña Menchó, Pajarraco mundial!!!! Acumula moito cansancio das últimas voltas, concretamente das da semana pasada que lle mandóu tres tundas seguidas. Non era unha carayada, o noso leoniño viña coma un jatiño da xaneira, reventadiño por todos lados. Xa nos encargamos, Eufemiano Fuentes Ces mais eu de darlle unhas recetas pero a cousa parece non ter cura, hay que baixalo do campo 3 ao campo base que Menchó non respira, facémolo descenso de Rañalonga, polo cuello de botella do K2 dos cabalos, ata rematar na rotonda dos Ánxeles, alí acaba a expedición de Menchó.MOITO ÁNIMO MENCHÓ, DECHELO TODO BEN DADO!!! PO FINDE XA VOLVERAN AS BOAS SENSACIÓNS.


CAPÍTULO III CAIN NA TRAMPA

Despedímonos de Menchó pero ainda son pouco máis das once da mañan, apetéceme a ruta llana e Ces sen problema, apúntase o que faga falta.
O ritmo ahora vai in crescendo, que ben rodamos polo ovalo, mareámonos un pouco polas pistas ata chegar a Picaraña, e aquí debeu selo aire que me sentou mal... Propoñía destinos, e se subimos o Rubial e se vamos ali e ala...Xa a voz da esperiencia de Ces me di, imos indo e por ala xa miramos.
Mi madriña o ritmo ahora, afloxamos un pouco para entrar nas pistas de monte de Rois e encaralo Rubial...

CAPÍTULO IV A MISIÓN ESPECIAL

Bordeamolo Rubial, facendo no sentido contrario parte da ruta dos Oeas, ata que chegou a Mision Especial!!! Bueno Anxo imos ir por aquí pa evitalo repeito este que hay diante...Eu claro, perfecto ala vamos, seguimos uns tres, catro, cinco, seis kilometros, esto non se acaba, e veña un planchon do 33% que lle marcaba o gps...Tratámolo de subir os primeiros metros, pero pe o chan, e veña a llanear, repechos, rios, ata que vimos civilización. Logo viñeron unhas baixadiñas e gracias a que me acompañou Ces que sino eu iba a ser pasto dos Lobiños, buitres e toda a fauna presente que houbera, estaba o da jadaña chamando a porta, que xustiño iba, pero buenos gracias a conversación e as risas ainda non me vin abaixo.
Rematamola aventura na recta de Bastavales e cada un pa sua casiña, que hoxe chegoulle, maña queria sair, pero creo que non vou ter pernas...

E nada máis rapaces, hoxe houbo de todo. Para estes dias avisade se saides.

17 comentarios:

Anxo dijo...

Sintoo non ter fotos, iamos facer unhas Ces mais eu nun tramo de regatos e pedras, pero entre a pereza e a mallada que levabamos deixamolo pasar...

txus dijo...

denis xa te avisei q tanto sobreentreno te iba joder jjjjjjjjjjj, menos mal q ven a ¨alma¨ pa recuperar o espititu jjjjjj, por certo tiña q haber ido pa verte jjjjjj. veña abur yogur. boa cronika

Anxo dijo...

Pobre Menchociño ia cadaver de todo, xa nos contara como foi a cousa...
Non llo desexo a nadie mima!!! Blanco e tosendo que parecia que tiña neumonía e todo esto en pouco mais de 20km.

Fin de ano e as tres salidas da semana pasada,sentenciárono...Ta claro que estar no mundo da festa e no do deporte queima a un.E menos mal, que como dixo Ces, bo foi que a pájara che dera cerca da casa que se chega a pasar a 30km da parroquia...

Ánimo Menchó estas son das que hay que aprender, UN PASO ATRAS PA DAR DOUS PA DIANTE!!!!!!!!!

CES GTI dijo...

ahi vai o perfil da ruta para os que teñan Feisbuck:
http://www.facebook.com/media/set/?set=a.150451978392222.26064.100002822638787&type=1#!/photo.php?fbid=162493927188027&set=a.150451978392222.26064.100002822638787&type=3&theater

en total salironme 73.4km de pura tunda.
analicemos un pouco o perfil.
-km 21; coronamos Brion a un ritmo mais que generoso.
-km 28; coronamos o puertaco de trasmonte a tope gastando cartuchera.
aqui foi onde a pajara (mais ben Aguila Real)veu por Denis.
-km 54; despois de tontear por pistas comezamos cas repechadas interesantes que ofrece o "Rubial".
-km 57; por nun subir unha puta merda de repechiño acabamos vendonos obligados a subir un tremendo rampote do 33%.
-km 61; acaba o sufrimiento enlace-emboscada entre Rois e a aldea de Rubial.

vamos,unha paliza do 15.
subidas tecnicas e duras con terrenos lastrosos,un follon,jajaj.

CES GTI dijo...

bueno,o enlace non vai,ANXO!!!!!!!! colga a foto no blog!!!!!.

Anónimo dijo...

teño dous sitios libres e xa estou anotado señor anxo si queres avisa canto antes

Anxo dijo...

Señor anónimo, muchas gracias pero hoy a las 14:00 de la tarde se acabó el plazo para hacer el ingreso.

No pude mirar el blog esta mañana para saber que estaba dispuesto a llevarme, quiza si me hubiera desvelado su identidad le hubiera llamado, asique ahora me quedo en tierra perdiéndome la primera marcha del año...

Que se lle vai facer, intentaré cambiar el plan por unos 640m del Xesteiras, si Don Manuel Ces puede quedar este fin de semana y develar los caminos de esta ruta jejeje!!!!

De todos modos señor Anónimo le doy las gracias por informarme de su disponobilidad y a continuación le anoto mi número de teléfono para próximas ocasiones 669 579 340.

Atentamente el Impresentable osease Anxo

Anxo dijo...

MAÑANA VUELTA EN BICI A LAS 10:00 EN LA ROTONDA DE LOS ÁNGELES

CES GTI dijo...

en primeiro lugar Anxo,non poder facer o ingreso non implica non poder facer a ruta,vas e fala e pista,que carallo.
e mais,podedes facela incluso con avituallamiento.
anonimo dache o numero e ti chegas ali con dorsal e xa nadie che pregunta nada,a anonimo non lle ven nada e pidenlle referencias,como evidentemente esta anoado pois sin fallo.
sei de varios qe se repanten asi gastos,pagan unha inscripcion e van dous a marcha.

en segundo lugar. o Xesteiras cando leves 640m subidos e mires parriba ijual che da unha volta.

Anxo dijo...

O da marcha jódeme polo da camiseta home jejjejeje, e que xa as vou coleccionando e facela marcha sen levala pa casa...

Pero bueno o outro dia que estuven por BiciOcon escoitei falar tanto do Xesteiras que me meteu as ganas de ir, e se me dis que anda polos 700metros, ainda me animo máis.

DOMINGO XESTEIRAS, eu xa salo desde Padrón, e quedo en Padrón a volta. Os que queirades vir xa vos informo estes dias da hora e lugar de saida. Ah e sempre e cando nos guie Ces!!!

CES GTI dijo...

por min o Domingo salida as 10AM desde padron con ruta o xesteiras.
(eu salo de Rois por si lle interesa a alguien)

altitude maxima 715m.
en Cesures alcanzamos altura minima de 4m sobre o nivel do mar,si a eso sumamos que temos mais de unha baixada ata culminar o monte danos unha boa subidiña.

prometo baixadas tecnicas lentas e rapidas divertidas.
varias fontes na subida para os V8 que consuman moito.
si se apunta alguen mais eu aconsello levar algo de comer porque a subida pasa factura.

menchov dijo...

esa ruta estaria ben facela entre moitos....pero bueno...eu non pdo este finde...haber si o palancas a aprende e despois no la enseña....eu ahora estou a remollo...o outro dia apretoume o corno...ja ja ja ja .....e o palancas qe me da moita caña je je je...pero bueno ahora a recuperar toca...esta semana descanso total...ahora bou ter qe entreterme cas cronicas do palanquiñas....saudiños pa todos...

Anxo dijo...

Non vos preocupedes, que se me leva o señor Ces, ei de coller apuntes pa volver con vos outra vez. O caso e que vexo que lle vai chegard e carayo a ruta jeje, haber se chego enteiro a Padrón. De comer teño churrasco ca familia en Padrón, asique se me da a pajara irei pensando nel.

CES GTI dijo...

non poñas a tirita antes da ferida ohhh,que tampouco e pa tanto.

Anxo dijo...

HOXE RUTA LLANA + MONTE MEDA CON MENCHOV, DO QUE IBA SER SOLTALAS PERNAS A SUBIR COMA LOCOS, E VIR A RELEVOS PA CASA...

MAÑAN VOLTA EN BIKE, AS 09:30 NA CASA DE CHUS, O QUE VEN SENDO EN FRENTE DA GASOLINERA DOS ÁNXELES.

CONFIRMADOS:
-JOSITO
-DAVID
-CHUS
-ANXO

E POSIBLEMENTE CES PURA SANGRE INGLÉS!!!!!

CES GTI dijo...

si me dou lebantado apuntome.

Anxo dijo...

Otiass 3 da maña jajaja, ahora entendo a cara de sono que traias...