CHEGUEI!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Despois dun mes e pico de letargo, volvo a dar pedal. Como diría Jacobo Garrido, ESTO É INCRIBLE!!!!!!!
O Bici Lambón por fin me fixo a entrega da octava maravilla do mundo, nunca pensei que Vigo estuvera tan lexos para que tardara un mes en chegar, pero xa se sabe "Esta tarde me entra, llega de Vigo ahora" E claro como non me ia quedar esta cara cando puden andar dunha vez nela.
Respetando a Almiña e gardándolle o luto desta vez toca vestirse de Negro e sacar todo o metal que levo dentro.
Que ganas de andar tiña, catro días de ter a Rock Movil e catro voltas, a primeira ca xente de Bici lambón, Ricardo, Ruben, Yago e eu. Que alegria rapaces, esto de andar na bike creo que xa é pa toda a vida, porque mira que estaba desmotivado e lle collera moito cariño as tabernas pero aínda asi faltábanme os clásicos paseos matutinos para matalas resacas dos excesos das noites.
Nada máis sair da tenda co sorriso pegado, alucino cas filigranas de Ruben, fai un pince sen mans subíndose toda a costa jajaja, eu quedome bocas vendoo porque na miña vida vira algo así, como carallo pinzas a bici sen telas mans no manillar jajja.
Levanme o monte máis local que temos os Picheleiros, o Pedroso, por unha evolución dos camiños que nos enxinara Ruben, Yago fai de guia e Ricardo de showman, e de speaker. Saltos, subidiñas e unha parte rodadora que era o que mellor me viña. Non desvelo máis desta volta, levareivos porque e unha ruta chulisima!!!
Aínda non matara o mono de bici e a seguinte saída foi con Yosimura, el cambiou de números apostando todo o 29 Rojo, e tocoulle o gran premio. Neste caso a boliña foi parar na caseta do Rubial e o agraciado foi Yosimura quitándome un bo cacho de distancia. As miñas perniñas estan coma as dos bebes, flacidas e nin se teñen de pe. Esas cousas que lle chaman músculos aínda non os vexo.
Sen desmerecer para nada a Yosi, nótase que leva unha temporadiña enriba da bike facendo kilometriños, e o traballo da os seus frutos, manten un bo ritmo e chega arriba con moita mellor cara ca min. Foi interesante a frase que me propiciou "É humillante que sólo che quite 20 segundos, a un tipo coma ti ,que se enche todolos dias nas tabernas coma un porco" jajajjajaja. Pareceulle pouco o cachazo que me metera, queria quitarme dous minutos. Aínda así eu estaba contentisimo de como subira, a transmisión 2x10 polo momento vai ben, quizais teña que facer proximamente un Muralla como test para ver se dou subido todalas trampas que ten esa etapa ;)
Todo fenomenal, contento contentisimo, ata que se me volve a atravesar outra Silva por segunda vez na miña vida, case me rompe a cabeza, frenei de golpe nunha trialera para evitar rabuñarme ca Silva, pero o front flip xa iba collendo altura ata que plass, fixen o pino pero sen mans e dicir aterricei incrustando a cabeza no chan. Conclusión, dar por finalizada a volta e encamiñarnos cara o Bar que estaba moi mal con moita dor de cabeza, xa vos sabedes a frase célebre dalgun profesional da zona "Tou mal, moi mal, levademe o Bar"
O dia seguinte tocaba saír en solitario, vendo como está o personal de forma hai que intentar progresar un pouco, optei pola ruta llana, e grata sorpresa cando me atopo con María e Juan Veterano, únome a sua volta e fala que te fala sobre o mundo da bicicleta, consellos que me daba Juan e moita máis conversa que ben sabedes que ten Juan. Un placer rodar con eles, faise todo máis ameno andando en grupo, namentres sexa capaz de seguilo ritmo. Emprazamos para outras saídas e despedimonos na casa de Juan.
Hoxe xa non sufre tanto o meu cuiño, xa me vou adaptando a bike e reload Ruta llana, na parte final atópome os veciños, parada técnica para saludar e comentar que tal lle fora a Crono, Felicitar a Suso que fixo un segundo posto na Suso Classic Contrarreloj jejej.
E nada máis, xa botaba de menos darvos a lata por aquí. A partir dagora cairan crónicas coma auga nunha casacada. E xa sabedes, chegou o Rock, pero o cantante que escribe precisa da súa banda para sonar de puta madre. Asi que espero ter noticias de Chus, Julius, Javita, Menchov e o resto das Cabras Band!!!!
p.d Puedes robarme lo que quieras pero nunca me quitaras las ganas de seguir andando en bici.
Fdo. Palankiñas de la Vega jajajaj.
6 comentarios:
Como gusta ver movementos no blog!!! xa teño gañas de ver a tua nova montura! ten que ser unha maravilla!!! a ver cando coincidimos para facer unha saida conxunta!!
Moitas felicidades pola tua nova burra....ahora a disfrutar.....e ponlle candado.....non vaia ser
MAÑA MERCORES VOLTA EN BICI!!!! En principio ruta dos Tres Picos. Na casa de Josito ás 16:30 hrs.
Fixos por agora:
JOSITO
ANXO
JULIO
animense...!
Alí estarei, pero amodiño e Juliussss!!!
Benvido Anxo! Hai que vela!!
Por certo, non puiden anotarme a de Betanzos, jodeuseme a visa e cando recibín a nova xa estaba pechado, merda merda merda!
Se quedades un sábado pola mañán dade un toke, na semán eme imposible, saio as 8 :(
Publicar un comentario