Fecha: 01/12/2012
Destino: Valença do Minho - Picaraña (Padrón)
Kms: 120
Asistentes: Jorge, Albano, Nacho (Filmaker), Miguel, Alberto, Antonio, José Luis, Manu (Os do Monte Bravo), Toño (Os do Monte Bravo), Marcos, Dani Recioy, Julio... no coche de apoio: Gonzalo e a súa moza (Non recordo o nome) e nos últimos km Pepe Taboada (Conductor Modesto Riveiro)
Empezaba o día cedo para os 12 asitentes a rúa polo Camiño Portugues... quedaramos as 7:30 na Carballeira de Santa Minia, e alí estaba todo o mundo puntualiño para sair pitando dirección Tui.
No autobús, sitio de sobra... a verdade e que mais de un iamos pensando en pegar unha cabezadiña ata chegar a Tui, pero como sempre ocorre nestes casos, conto de aqui e conto de ala e cando nos demos conta xa estabamos chegando... Aqui o primeiro cambio do día... alguen propuxo en vez de sair de Tui, facelo dende Valença do Minho, por eso de sair dende Portugal e cruzar a ponte internacional, bueno que en fin que todo o mundo de acordo e alá imos...
Coa chegada a Portugal, o primeiro é tomar un cafeciño deses cargados que fan os veciños. Descargamos as monturas, foto oficial e sen mais comezamos a nosa aventura.
Antes de continuar, quero agradecer a Gonzalo e a moza por ter a paciencia de facernos de coche de apoio (houbo bastantes momentos que pensamos que se ian encher as prazas, ainda que ao final non fixo falta), moitas grazas por todo... Dicir tamén que o coche de apoio foi o vehículo oficial do amigos de Os do monte Bravo, si, oistes ben, oficial... esto si que é un clube, compraron un coche entre todos e adaptaronlle unha vaca na que caben 5 bicis que está cojonuda, agora van pintalo cos colores do clube... xa veredes que pasada cando os vexamos nas marchas.
A ruta como xa dixen comezaba o paso pola ponte internacional que separa Portugal de Galicia. Os primeiros 20 km case que podemos olvidalos, o único salientable é o paso por Tui que ten a súa gracia porque hai que baixar numerosas escaleiras, rampas, etc... divertido para empezar. Continuamos dirección Porriño case todo por carreteras, ainda que sen tráfico, pero moito asfalto... ainda así, o camiño sempre agocha sitios que merecen a pena.
O peor do día, sen dubida, é o paso por Porriño, que desastre... o camiño pasa polo Poligono Industrial... que cousa tan fea, mira que non hai monte en Galicia como para ter que pasar por un poligono cheo de coches, camións, furgonetas...
O seguinte sitio por onde pasariamos é Redondela... aquí a cousa xa comeza a amañarse os camiños xa son de monte, con algun que outro pinchiño, ainda que practicamente todo o camiño é bastante levadeiro, moi rodador e sen demasiada dificultade. Coa tontería xa estabamos superando os 30 km e a verdade íamos todos bastante frescos.
Pasamos Redondela, Arcade e case sen darnos conta chegamos a Pontevedra, aproximadamente no km 50... aquí outro desastre... o camiño todo por direccións prohibidas e carreteras de asfalto. Para cruzar Pontevedra é un auténtico caos, os coches veñen de frente pitandoche (porque vas por dirección prohibida), logo o camiño métese no medio da cidade e tes que ir sorteando xente... vamos como pasar polo Franco en bici o día do apostol... aquí a fame xa comezaba a facer acto de presencia e as caras da xente denotaban que ou parabamos a comer ou iamos ter mais de unha baixa... como non nos parecia boa idea parar na cidade tiramos un pouco mais e paramos en Barro... Que ben prestaron eses bocadillos, o que mais e o que menos comia cunha ansia que daba gusto...
Estivemos parados mais ou menos uns 40 minutos, comemos como jabalies e logo continuamos a xornada de tarde... que ainda quedaban uns quilometriños.
A verdade e que despois de comer foi o tramo mais bonito, igual é que levando a barriga chea se ve a cousa de outra maneira, pero o camiño, a medida que nos imos achegando a Santiago volvese mais bonito... o asfalto desaparece e da paso a camiños cheos de carballos, castiñeiros, regatos... De Barro chegamos a Caldas de Reis, aquí a cousa comeza a ser xa coñecida.
Proseguen os km e no 83 estamos en Valga, aqui os folgos da xente xa sa van mermando, a verdade é que o camiño non ten moita dificultade, pero os km vante minando... Chegados a Valga, recibo unha chamada, era Pepe, o conductor que nos levara pola mañan, e que tamén lle gusta pouco a bici, ven para facer o último tramo do camiño con nos... xa sabía eu que non lle daba o corpo...
Dende aquí a casa nada salientable, pasamos por Cesures, Padrón e na Picaraña decidimos deixalo, eran xa as 6 da tarde e xa había pouca luz... quedabannos 20 km para chegar a Santiago é ianos coller a noite, co cal reagrupamonos na Picaraña e cada un para a súa casa.
Ao final no conta 120km, e no corpo un reto mais conseguido... a verdade e que da gusto facer este tipo de cousas con este grupazo de xente a pena é que non poiderades vir moitos de vos, eu sei que vos molaría...
A idea é repetilo mais de cara a primavera (antes dos 101 peregrinos)... avisados quedades...
Gracias tamén a Nacho Filmaker (mais de 200 fotos): o único capaz de andar en bici, comer e sacar autofotos... un crack.
2 comentarios:
Gracias por contarnos a aventura julius.......e pola miña parte sinto qe non poidera acompañarvos......pa proxima seguro....saudos....
Claro que nos molaría ir Julius!!!! Pero alguno salió de la cena como un banderillero alcohólico. En la banderilla izquierda botella de LK y en la derecha Rioja de litro...Así a torear compostela hasta las mil.
Enorme vuestro año del Esquio en cuestion de rutas. Pero queda la ultima Peteneriña een el Rubial ;)
Publicar un comentario