Destino: 3 Picos e Meda
Kms: 53
Asistentes: Aleixo Tosar, Xisco Evans, Pitillito Palankas.
Nova cita nas duas rodas, para facer un 3 Picos e ir posteriormente improvisando según o tempo que facía. A quedada acudiu un amigo de Xisco, Aleixo, un máquina dos Corbelo que espero que repita máis dias con nós. Ainda que coido que vai ser dificil, ou moita paciencia ten que ter. Digo esto porque hoxe Xisco Evans non tomou a medicación e andaba máis perdido que un pulpo nun palleiro. Non atopaba ningun camiño dos que lle enxinara "Pernas Bonitas Denis"
A primeria parte da etapa, so houbo unhas duas ou tres equivocacións de camiños, aclaro que o que dirixía a voltiña era o Vello, pagámolo seu alzeimer cunhas lameiras ata as rodillas, e despois creia atopalas sendas logo de dudar setecentas veces jajaj.
Comezamos a subida ós tres picos, tan bonita e dura coma sempre. Creo que teño grabado na memoria cada pedriña que ta no chan e cada curva. Sigue todo no seu sitio, e que fácil resulta subir así ata que Plaffff por falar, ou por teclear, tropezo nunha pedriña e chau ao meu desafío de toda a vida, fracaso e PENALIZO, como diria Pernas Bonitas Menchó. Pe o chan na última plancha para coronar o 3ºPico!!!!!!!!!!!!
Logo de subir, non había moito máis que pensar a onde iamos a ir. Tocaba un Meda que estaba asoballándonos ó ladiño. So un pequeno inciso, ou petición ós que vos gusta investigar. Vimos unhas trialeras que creemos que conectan co Meda todo por monte, asi que aos que vos gusta o Downhill Toxeiras, a ver se as catades e me sacades de dubidas.
Xa vos dixen que Xisco Evans non tomara a medicación, para maior proba esta instantánea.
Chegamos!!!!!!!!! Non sen dudar do Gps Xisco. Houbo varias perdas de rumbo para a conexión terceiro Pico-Meda pero finalmente sen moitíiiiissiiiiimos problemas.
Hoxe Evans deixoume coronar, seica estaba agarrotado de facer onte a ruta oea enteira. E Aleixo tampouco disputou, basicamente porque ia cego por mor da névoa. A min deixáronme soliño e coma bo can de monte, seguín o rastro cos olliños pechados ata Antena.
O tempo empeora, caenos un trebon e cháfanos a idea de volver a casa polo Rubial, parte gris, etc
Decidimos cambiala ruta e perdernos vinte ou trinta veces para encontarla Ruta Rosaliana.
Xa o terreo e llano, sen apenas dificultades pero Xisco pónsenos romántico. E lévanos a ver un pazo agochado nun val moi fermoso, co seu río, cos seus peixes, con bambi, tambor e Faline xogando.
E houbo que facer unhas fotiñas, mentras as rans croaban e triscaban as piñas jajjajaj.
Vaia dous Pitbuliños, se a volta dura uns kilometriños máis mátanme.
Aleixo se lees esto, disculpa ó vello polo seu alzeimer, hai voltas nas que sabemos a onde queremos ir :)Haberá máis!!!!
Saudos Familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario