Fecha: 17/02/2012
Destino: Cuntis
Kms:42.8 http://connect.garmin.com/page/activity/activity.faces?activityId=274457877&actionMethod=page%2Factivity%2Factivity.xhtml%3AuserSwitcher.switchSystem&cid=35088229
Asistentes: Silvia, Arturo, Aleixo,Denis, Julius, Ultreia family, Trisquel Luminaria e Pitillito Palankas.
Non sei onde vivo, o viernes parecia Gali-Fornia e o Domingo voltamos a Mordor. Xa irá un mes sen vela luz do Sol, e veña chuvia e lama!!!!!
Pero dentro do malo sempre nos quedará París ou Cuntis jajaj. A quen lle interesa a Torre Eiffel...Podendo desfrutar dun bo Lacón con Grelos post-mountain bike :)
Pois eso,voltamos ás Marchas, esto é Cuntis Familia!!! Xa se botaban de menos, xente por todos lados, ganas de pasalo ben, e a incertidume de A ver que pasa...
Primeiro, o ritual das marchas, saudar os amigos que cada vez son máis neste ambiente, e logo saida e pedal.
A principal novedad foi atoparnos cun Pincho o pouco de sair. Vaia subida, o normal sería que se cargaran moito as pernas, pero a miña maquinaria vai de fabula, subo sen problemas no grupo Da Champions da anterior crónica, estos son Ángel Pais, Diego e como non Menchociño que xa tiña ganas de velo nestes simulacros de combate. Que divertido!!!! Duas opcións, conservar e ir os poucos ou que carallo!!! Voulle dar e probarnos.
Adianto ós andalucia bike race no meu minuto de gloria e o pouco sigo a roda dun Chicolino que tampouco ia coxo. Increible km 9 a este ritmazo e atópome pefect, se acaso algun golpetazo de 185 pulsacións que case me deixa sen aire jejjeje. Pásanme como era de Prever outra vez o duo Andaluz de Moda e o pouco escoitase xurar en Hebreo a Diego Sotelo.
ME CAGUEN D... ME CAGUEN LA P... ME CAGUEN LOS COJ... Doume ata medo escoitar a un tipo tan aparentemente tranquilo estes xuramentos. Era a segunda vez na miña vida que via esta avaría, caeulle a biela o chan...Paro entre outras cousas a respirar e intentar axudar no que poda, ainda que nadie ten unha chave de Allen de Tractor, sólo o do quad que penso que foi a salvación. Despois dun par de minutos decido continuar. Ritmo de locos a ver se daba collido a Denis. Del non hai rastro pero...Esto é unha delicia,
a ruta máis ratonera que vin, zig zags entre árbores, trialeras moi fáciles ainda que nunha cain e o chino asiento foise parriba ata o final da ruta.
Unha pena que a organización nalguns momentos non estuvera a altura do recorrido. Tíñano todo, natureza, paisaxe estupendo e un recorrido de dez, pero... MALDITOS PEROS.. houbo varias confusións entre ruta larga e ruta corta. E se ias diante a tope, atopábaste con 50 ciclistas diante tua, saindo dalgunhas das opcións da ruta curta. Conclusión, perdes o ritmo, intentalos adiantar pero o Plan Competi e o Trofeo da Auga Quente pérdese...
Foi Gracioso cando máis tarde, tras unha equivocación de camiños, sáltome unha trialera enorme e me atopo con Denis. E dime. Ahora xa non vale!!!!!!! O pobre leonino desmotivouse totalmente o ver que os esforzos non tiñan ningunha recompensa. Cagouse en todo, pero penso que cando abandonamos o plan competi, a ruta foi mais alegre. Doutro cruce tamen saleu Arturo, combaleciente dunha rodilla que escolleu a ruta corta para non forzar.
E o final todos xuntos rodando: Arturo, Denis, Ivan dos Luminarias e eu. Desfrutando destes sendeiros espectaculares.
A roda de atras surfea pola lama nas trialeras. Trialeras as cales a xente rexeitaba e non sei por qué, supoño que será porque estamos acostumados a asociar trialera a pedras e cortados, pero aquí non había pedras na maioria delas, so eran desniveles de terra entre árbores e a culebrear entre eles, que delicia!!!! Pena non ter as pastillas novas postas nos frenos pero ainda así goceinas :)
E final feliz,
todos enlamados directos a CRIOSAUNA, a ducha fría para entendernos!!!!!Pois ahora saiu na tele que os ciclistas para recuperar metense en hidróxeno a menos 140grados. http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/corredores-del-movistar-se-enfrentan-criosauna/1693966/ Xa o sabedes, habrá que pensar que é bo andar o frío para recuperar :)
E logo o Trofeo. Un bo lacón en familia!!!!
Regado con algo de viño que me daba ganas de saltar pa mesa do lado e ir de cuncas cos Luminarias jejej. Pois Tino xa iba collendo cobertura co tinto e saludávame dende o outro lado jajja.
Unha boa mañan prolongada ata as cinco da tarde, da que seguro que vou repetir para a próxima edición.
Saudos familia ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario