Destino: Padrón-Base Muralla-San Lois-Iroite-Curota-Ribeira-Padrón
Kms: 153
Asistentes: Tino, Maga, Uzal, Gulli, Ivan, Chema,Agus, Miguel e falta un, mais Pitillito Palankas.
Oh my Gotiño, ti que sabes tanto e nunca dis nada, como non me avisas do friaxe que ia facer. Fallaron as previsións atmosféricas pero non os dez Valentes en acudir ao TUNDAS DAYS!!!!
Nosa Terra Galega, vale a pena afotar cada anaco de Monte, aquí miña prima posando.
e dando ánimos o pelotón que hoxe ben os necesitamos.
1º O primeiro destino, Muralla, hasta aquí fomos rodando bastante por carretera, e ahora despois de ter acabada a volta, entendo o uso dela. Ainda así costa moito resistila tentación de non subir, e continuar dende a pedra dos catro concellos ao seguinte pincho.
2ºSan Lois. Un monte novo para min. Pódese subir directamente por uns cortafuegos, e quédase en nadiña. Polo menos pola cara que subimos nós, tras enlazalo co Muralla. Supoño que desde Noia será outro conto.
O que non se me quita da retina e esta foto ó Coronalo. As vistas son increibles, casi tan alucinantes coma a comida de Maga, Bocadillos, duas birras e a tirar millas. Xa é o meu novo ídolo. Sintoo Triki quedas relegado á segunda posición do ranking.
Esto si que une, hora de xantar despois dos primeiros 60km, e con esta postal detras nosa.
Xa repito moito que unha imaxe vale mais que mil palabras, por eso esta foto é de GARDAR!!!
Hay que seguir, destino 3ºIroite. A verdade e que algo decepcionado o ver esto. E moi raro que me desilusione o cumio de calquer monte, pero esta nave espacial aquí guindada e non ver máis que carteis de prohibido o paso ajjjjjjj!!!!Prodúceme unha pequena, AR-CA-DA.
Tino xa se encargou de buscalo denominado "Balcon" para airearnos todos.
Aquí párase o tempo, para os que saben aprecialo verdadeiro Mountain Bike.

Menos mal que viña preparado e Santo gel da guarda máis Santa Barrita Energética devolvéronme á vida.
Aún hubo más, menuda pesadilla!! Diria Robe de Extremoduro no tema JesuCristo Garcia. Pero no pedal nada de pesadelo, todo o contrario. Moi real e moi bonito.
Arriba da foto podedes velo Ovni do Iroite. Pero o realmente fermoso está do outro lado. Viase Porto Sin, A Aguieira, A Cala e toda a Ria de Muros e Noia. Todo dende a miña vista de Pájara :)
Destino 4 A Curota. Xa non hai apenas dificultades, sólo frío por facerlle caso o windguru que me vendeu un dia de sol e boa temperatura. Tiñades que verme disfrazado de home Bolsa. Defínese, coma remedio caseiro contra o frío e chuvia, feito por Chema. Consta dunha bolsa de basura xigante cun burato pa cabeza e outros dous pos brazos. Hay tu riste :) Pero outro Santo Remedio que me devolveu a vida.
Máis fauna ceiva coma nós...
Estos camiños son moi rodadores. Perfectos para darlle tralla se supera a onde vou, pero co Clube Trisquel, Nunca hai prisa tendo lumenes!!!!!!
Xa se ve a Curota e hai un pequeno sprint no cal me meto a disputalo con Gulli, pero as miñas primas as Vaquiñas cortanolo paso e freamos.
Final feliz ou proba superada!!!! Coido que este será o último pincho. Intentamos subir unha fase técnica, Ivan e eu de escaleiras para chegar o mirador pero penalizamos ambos.
E de aquí volvendo a vista xurde a Xoia do Dia!!!!!
Vista espectacular do que supoño que será Ribeira, Boiro, Rianxo...
Sólo queda baixar ata Ribeira, e desfrutar da compañía e dos kilometros feitos. Paramos avituallarnos nun Merca Más e Go Padrón cos lúmenes encendidos, principal obxetivo de Chema neste dia :)
O final sempre hai bo ritmo. Desta vez tocoulle a Uzal-in Bolt facela escapada da xornada jajajaj. O grupo perseguidor ia o seu que xa era bastante. E fin sen despedirme do resto da xente porque houbo variacións do itinerario nos últimos kilometros.
Deixome polo medio, moitos sitios coma estes:
As minas de San Finx, antes de chegar o Monte de San Lois.
É un sitio moi raro, cheo de casas de cores cunha taberna. O ingeniero supoño que sairía dela ben cargadiño para crear tal diseño :)
E como non a foto do dia. os calcetins de reposto que me deixou Tino
De novo agradecer que contarades comigo noutra aventura máis. Paseino de DEZ!!!!!!
SAUDOS FAMILIA.
http://connect.garmin.com/activity/269167798
6 comentarios:
Moitas gracias a ti Anxo pola sempre grata compañia. Sinto que non foses equipado como un Trisquel de verdade para poder disfrutar o 100% e espero que pronto compartamos ruta. Moitas grazas tamen por regalarnos esta pedazo crónica.
Moi boa cronica Anchiños........polo qe contas pasachelo de lujo ca xente do Trisquel....normal....e moi boa xente....xa teño gañas de pedalear con eles....con gran Moroko....Gulli Uzal e compañia.....xa fai qe non os vexo......a ver si para a proxima me apunto.....saudos a todos....
Anxo te papas 150 km. asi sin más y te acojona el Soplao teniendo tres meses largos para prepararla?
No digo más,
Bueno si, la crónica muy chula, y los de O Trisquel supongo que genial como siempre.
Menchóooo para ti non hai calcetins, que vas moi rápido jajaja.
Alégrome que vos gustase a crónica, hai que fusionar CLUBES nestas aventuras e ir unha boa tropa, eso si, sen prisas e todos xuntos. Se algo aprendin desta volta e que a larga distancia é para tomar con calma e co principal fin de CONOCERNOS TODOS.
En canto o do Soplao Toribio...E que non podo estar a todo. Dasnos mil facilidades para ir, pero hai outros gastos e carreiras de rally.
Para o ano se hai esta organización para ir Non mo perdo.
Saudos Familia :)
Anxo cando repetimos outra?.
E como comentas para a seguinte teremos conicidir O TRISQUEL CC, ULTREIAS E ULTRA CABRAS.
IMPORTANTE, para a próxima non te volvas a fiar do Windguru. Ja ja ja.
Coma sempre a crónica un dez.
joer k envexa de volta, aver se se repite pa cabras e ultreias :)
a cronica estupenda, eres un crack meu tioooo
Publicar un comentario