I Trofeo Ribeira Sacra. Sober. Open Xc

 Fecha: 21-03-2015
 Destino: Sober
 Kms:
 Asistentes: Marcos Mayo, Raul Castro, Manuel Castro e Menda,

Clak, abro a porta do coche e ali están: Marcos Mayo Campeón galego de duatlon cross, e lider deste ano en master 30, ao lado Raul Castro
 un enfermo das duas rodas que ahora compite en elite de xc, mais no enduro polo aire, e atras Manuel Castro outra machin Master 50. A cousa promete que fago eu aqui con estas Bestas que teñen mais km enriba que o castromil da unha pa Negreira. En fin, cousa do panadeiro Ivan Pereira que me planificou esta loxística de élite.
Falando da anchoa de Boiro como esta este ano, fino coma un alambre, antes inda podia jerrear algo con el pero este ano desde que parteu a pelvis e fixo un periodo base de rodillo de panadeiro mais do outro non hai quen o pare.
Seguino un pouco na primeira volta, e vaia risas, así qe mirou patras, xa me solta
Jundiola, Xa tas aquí!!!! E o moi lambón apretou e xa non o vin máis.
Este ano polo menos pra min son unhas risas o Open, bueno risas ata que dan a saída. O ambiente e caralludo a xente e coñecida e hai conversa a cada metro. Queda claro e comprobaredes se vindes algunha vez a un Open de xc que Aquí nadie entrena jajjaa. Nadie repito. Uh que mal estou, non me atopo ben, o outro día non saín doeme a espalda e despois vaite a clasificacion a vela lista dos mentireiros verdadeiros. Veras que o unico atilano es ti, que crees que entrenas e danche nas cachas como e debido jeje.

Seguimos na carreira, vaia circuito. Cada un e un mundiño de curvas planchas e misterios de mtb concentrados en 4kilometros de circuito. Joder!!! Este a verdade e que era precioso, inda llo enseñarias a tua moza pa levala de paseo, estreitiño, curvas cerradas, sube baixas, slalons de arboliños, saltos. PERO!! Sempre hai un pero, este “pero” e por pensar nos de atrás, nos que non puideron sair tan ben e colleron atasco. So habia uns cen metros de sprint na saída e despois curviña estreita de dereitas para encarar unha baixada na qe so colle unha bici. A min veume de cine este circuito. Calificariao como un Xc 26 pulgadas :) e unha chorrada de definición pero e qe nalgun estreito de arbores as 26 entraban coma Travolta en fever saturday night pola discoteca, bailando e movendoa ben, a bici entraba xustiña nas tresmil curvas que tiña este xc. Que placer culebrear por aquí, ata que na terceira volta xa tas ata as bowlins e notas que os brazos non apretan como e debido e todo empeza a menguar. Notase que faltan entrenos de fondo, atrás non ven nadie e diante Ivan xa debe telos croisants feitos pa mañan, porque non vexo a nadie. Vou soliño e así rematei. Na décima posición que motiva bastante pa sair a entrenar con mais ganas.

Os compis de viaxe xa noutra liga como era previsto,
 Marcos saía co maillot de lider pero o final fixo terceiro e perdeuno. A Anchoiña fixo 6º e ainda ten collóns qe o domingo marchou a unha carreira de bikeestrada.
Quedaba o plato fuerte, a carreira elite. Desta vez fixeron duas saidas a de masters as 4 e as 5 e media a dos elites. Quedamos os vellos a velos galgos de Élite e Dios mio. Parada nin se senta no sillin, de pe todo o circuito movendo un filloeiro de plato 36...
Outra liga. Incrible como parteu a Mauro e Saul. 
Saul o parecer viña dunha gripallada pero pa vir dunha gripe mandoulle un 3º posto. A próxima que se encontren estes augurase unha de baqueiros, pero de momento o Sherif e o señor Manuel Parada con duas de duas. Noraboa Manuel sinParada.
E Raúl fixo 11º a piques de entrar na zona Barcenas, case lle cae un sobriño deses que pagamos os masters jejej. Non me olvido de Manuel Castro que fixo 4º en Master50 nin de Seann Connery 6º.

Ahí quedou a parrafada. Saúdos familia.

No hay comentarios: