Desembarco en aNormal-Dumbría

 Fecha: 16/05/2015
 Destino: Dumbría
 Kms:
 Asistentes: Team Borjas e menda.

Bummmmm!!!!! Comando Borjas ataca Anormal-dumbria Xc.
 Primeira Bomba cae na Región Élite
 O Capitán Don Manuel SinParada desfai a categoria novamente. 
Bummmmm!!!!!! Outro Pepinazo dos Borjas Rebenta a categoria Máster 40,
 É Bestilleiro que machaca os seus rivais. E ahora replicas de terremoto con metrallas por todas partes. 
  Titan Eiras fai 3º en Master 30 
Xunto con Marcos Mayo 2º na mesma liga. 
Aínda quedaba o soldado Rayan Pereira "En busca do Podium"
 A piques o acada pero foi unha boa traka o seu 4º posto en master 30!!! E despois eu, que xa que estamos coa coña vou agardecer a todolos sponsor que me desfan a bici cada semana. Graciassss!!! E unha alegría levar a bici a reparar e que sala peor do que entra na tenda.
A cadea salta a comba en cada proba do Open. Quito mallas, poño cadeas...Que desfeita.
Merman as ganas de seguir correndo andar así. E menos cas solucións estas de proba e erro. Pero que lle dean. O sábado dou moito máis de si. Empezou ca sorte de que me viñera  buscar a casa o Soldado Pereira. Levoume onda a sua abueliña para comelo plato de pasta mais completo da miña vida: maza, noz, zanahoria, atun, ovo e pasta. Xa saimos da sua casa facendolle uns arranxos a miña burra, porque ultimamente sempre está a medias. E despois fumos o encontro do Team Borjas. Todo rodou como era esperado. Un circuito Anormal de xc, cunha baixada de carretera de kilometro, zig zag polo medio de aldeiñas, con tractor e cans acompañando nalgunha curva e como non a lama que foi o máis tecnico que tuvemos jeje. Bueno hai que decir que a subida estaba ben, unha boa plancha que pronto remataba para baixar. Penso que ata me aburre recordar este circuito, case tanto coma os zig zags de cintas antes de chegar a meta...Asique pasamos o final do día. Esto foi duas birras co compañeiro Ivan Pereira esperando pola grua pa que nos viñera a buscar xa que o coche non arrancaba. Menuda allada, ata as 11 da noite co tipo da grua a contos e cancions dos Heredeiros jajaja. Menos mal que os Xc cada vez son máis divertidos fora das cintas que dentro. Porque hoxe a verdade non se sabia se estabas nunha transgalaica con paos indicandoche por onde habia que ir ou nun rally de orientacion.

Agradecer os Borjas a hospitalidad e os ánimos en cada volta. Moitas gracias :) Vémonos na próxima.


Saúdos familia.

No hay comentarios: