VIII CRONOESCALADA A BREAMO




VIII Cronoescalada a Breamo



A Peña Ciclista Leboreira en colaboración coa Comisión das Peras 2011, organiza a VIII Cronoescalada a San Miguel de Breamo.Esta crono vai dirixida a todos os cicloturistas que queiran gozar e ao mesmo tempo sufrir coa ascensión a Breamo, realizando un reto persoal coas duras ramplas de suba, anímate e participa.

A subida realizarase polas rúas de Pontedeume ata chegar ao tramo de asfalto, para rematar na Ermida de San Miguel de Breamo.
O percorrido total é de 3,5 Km.Os participantes sairán dun en un cunha marxe de tempo de 1 minuto.
Será obrigatorio o uso do casco.


Saída o venres 9 de setembro de 2011 as 18:00h na Alameda de Pontedeume.



Prestacións por participar:

Os 75 primeiros inscriptos recibirán un regalo conmemorativo.

Teremos un avituallamento líquido.

Servizo de vestiarios e duchas no Pavillón dá Casqueira.

Persoal de seguridade.

Sorteo entre os participantes de duas consulta-tratamento no Centro de Fisioterapia Breamo.



Inscricións:

A inscrición na proba é gratuíta.

Por Internet en www.penaleboreira.org ou chamando aos teléfonos: 981434129 - 647082167.

O prazo de inscrición finaliza o mesmo día, media hora antes da saída (saída ás 18 h dende a Alameda de Pontedeume.).

Tódolos apuntados despois das 17:30 h. sairan un grupo ó final


Trofeos:

Recibirán trofeo os primeiros e segundos de cada categoríaCategorías:

A- 14-18 anos

B- 19-40 anos

C- 41 anos en diante

Trofeo ao primeiro e segundo tempo realizado en bicicleta de Montaña

Trofeo ao máis novo.

Trofeo ao máis veterano

Trofeo feminino.

Trofeo ao club máis numeroso.

Premio en metálico o participante que bata o tempo establecido na derradeira edición de 10’42’’.

5 comentarios:

Anxo dijo...

Txus y yo apuntados, alguien más se anima!!!!
Felix,Denis no me mandasteis vuestros datos, pon quí tu fecha de nacimiento y ya te inscribo!!!

Anxo dijo...

Félix ya te inscribí, encontré tu fecha de nacimiento por el facebu. La de Denis no aparece.
Seguramente no podais venir por la hora y el día que es, pero bueno...Apuntados estais.

Anxo dijo...

Otra al ladito de casa!!!

DEPORTES ORGANIZA A I MARCHA CICLOTURISTA BTT CONCELLO DE TEO O PRÓXIMO 10 DE SETEMBRO
03/09/2011
O Departamento de Deportes pecha este ano o programa Deporte Aventura Teo 2011, coa celebración da I Marcha cicloturista BTT polo municipio o próximo 10 de setembro. As persoas interesadas en participar aínda poden anotarse poñéndose en contacto co persoal de Deportes no teléfono 981 815 700 ou no correo electrónico deportes@concellodeteo.com. Descarga a ficha de inscrición premendo

Anxo dijo...

Entrar en la página del concello de Teo.

Jullius dijo...

eu en principio apuntome