Destino: As torres - Ons - Rio Tambre
Kms: 42 km + ou -
Asistentes: Os do monte bravo, As Cabras, O Esquio no Piñeiro, etc... en total 13
As 9:30 puntualiños coma clavos, estabamos todos listos para facer a ruta de Brión. Os participantes fomos 13, a verdade non sei o nome de moitos co cal case mellor non nomear a ninguén. Había representación de varios clubs: Os do monte bravo, as Cabras tiran ó monte, o esquío no piñeiro, xente de Santiago, de Framan, de Negreira, etc… eso que en total 13…
Facía un frío de tres pares…. Segundo o conta de algún -1.80 ºC en parte do percorrido. Imos ó choio: Saímos da base de protección civil para comezar a subir cara a igrexa de Brión, por asfalto para chegar as Torres. É aquí onde comeza a ruta propiamente dita. Unha vez pasada a aldea de As Tores collese a esquerda por unha pista de terra que nos levará, culebreando por sendeiros anchos, ata a festa do Cabalo en Rañalonga. A verdade esta primeira parte fíxose algo pesada polo tema do asfalto e tamén por estar fríos e meterlle esta primeira subida.
Dende a finca da festa do cabalo, séguese por onde estaba o basureiro a dereita para seguir rodando por pistas forestais bastante cerradas ata chegar a aldea de Ons de abaixo onde fixemos a primeira parada para avituallamento líquido (na fonte de Ons) e tamén para as primeiras fotos.

Chegados a este punto, primeira baixa, un dos participantes (síntoo non sei o nome) tivo que marchar e xusto canto cruzamos a estrada general para comezar a bordear o Tambre, a outro dos rapaces méteselle un pau no cambio e tamén amagou con deixarnos… , sorte que ao final non tivo que marchar.

Aproveitando estes pequenos incidentes fotos de rigor co Tambre como fondo, a verdade tendes que ver as vistas impresionantes que ten esta ruta….


Case non me acordaba de que entre medias, hai un anaco impracticable, pero que merece moito a pena, é un camiño estreito e que hai que facer a pe (tan so son uns 200 metros), nunha zona de muiños abandonados e camiños estreitos... a verdade e que este cacho está guapísimo tamén.

Dende Mato imos a aldea de Vioxo de Arriba onde collemos o camiño que nos devolverá ao monte de Rañalonga, volvemos a zona da festa dos Cabalos e de novo ata as Torres... segundo dicían algúns deles, este ultimo tramo é o da primeira ruta dos esfola... pasamos por diante das Torres e continuamos pola baixa da ruta dos Esfola (a que está xunto a igrexa de Brión), dicir que dada a miña habilidade para facer descenso, probei terra, e non unha vez, senón dúas... jejeje, en fin que non pasou nada. Baixada pola coutada e chegada a Brión, onde xa nin sequera fixemos parada.

En fin... 3 horas e media de Btt nunha ruta que é impresionante e que lle recomendo a todo o mundo.
TEMOS QUE FACELA MAIS CABRAS.
Aqui tendes máis información:

Track
Galería de fotos
2 comentarios:
Foi completiña polo que vexo, cuarenta e pico kilometros xa lle chega ben.Cojonudo que xuntaras a trece persoas, foi unha pena que nos coincidira ca marcha das rosquillas que senon a esta cita vosa non fallaba!! Esperemos que sigamonos fusionando en moitas máis rutas cos DO MONTE BRAVO.
Boa crónica Julius, pero quero vivila en presente, haber se me levas un día por eses camiños que xa me intrigan esas baixadiñas polas cales desfrutastes tanto jejej. Saudos!!!
boa cronika jules,ahh kaes tanto por nn levar automatikos........ jeje. nn ves q preso a bici e mais komplikado caer, jiji.
Publicar un comentario