OPEN DE ESPAÑA XC, VIGO

Fecha: 22/04/2012
Destino:Coruxo
Kms: 20
Asistentes: Miguel Penedo, Jory, Carlos T, Anxo.

Open de Galicia, Open de España, xa solo nos queda ir a Copa do mundo de xc.¿Terán categoria senior?jajaja. Menuda experiencia rapaces!!!! Stands de Ktm, Merida, autobus dos lobiños de Trek, Cannondale,
 e moitas mais marcas, aquelo era como ver unha revista en vivo, con todalas novedades de bikes e do mundillo do mtb.
Comezaba a sonar a música, e os pros saían das suas guaridas para almorzar e darlle os rodillos.
 O almorzo dalgun destes levaba algunha cullerada que pola cor dame a min que non era cola cao.
Houbo que aprobeitar e facer unhas fotiños cas estrellas do evento.(Ten que enviarme Miguel as fotos).Na foto Pablo Guede.Preciosa esa Ultimate...
De dereita a izquierda, Carlos Coloma, Peteneriñas, Miguel, e o outro non vos sei...pero ningun lobiño de trek ia amodo, asique outro pitbuliño máis

Pregunteille a Jory se sabía como era o circuito e xa me explica con estas verbas "É todo parriba e despois todo pa baixo" jajajaj xa vos contarei co paso das voltas como foi ese todo parriba e todo pa baixo...
Diante nosa saen os élites e os sub 23. Si xa alucinara cos élites do open galego, o ver a estes...Rock and Roll, e despois NÓS muiñeira.
 Examino a situación, pero esta categoria senior ou clase Expert como foi denominada neste evento, non se parecia moito a de Nigran, normalmente miro por se hai algun que lle sobren kilos ou que non se lle vexa moita pinta de andar, pero... aquí dos dezaoito que eramos, dezaseis eran fideguas cunha planta increíble, e claro se levades a conta ata dezaoito faltan dous, Miguel e eu eramos a diferencia, cas nosas pintiñas de domingueros e coma se foramos a unha marcha con bicicletas dobles de 13 kilos jajaja. Xa me entraba a risa cando escoito falar o do lado que estaba preocupado polos seus radios de Titanio.
Dan a saída, e un xa vai aprendendo a coñecelo seu corpiño, a conclusión que saquei foi que desta vez había que facelo sprint de saída en modo postureo, e dicir, para quedar ben, arrimadiño o penultimo pero sin matarse, xa haberá tempo para ir recuperando, mellor así que morrer. Pero claro...que fácil e quentarse con toda esta xente animando, e aínda porriba vendo cerca a algun rival.
Fotónnn!!! Miguel Penedo in action!!!!

De momento o circuito estaba ben, saída en costa, giro a dereita e a baixar ata que chegou un PLANCHÓN, que non sei que porcentage debía de ter, e aínda así cuns pedrolos enormes, xa nin o pensei,  baixo da bici e a correr parriba adiantando a algún, o malo foi chegar arriba...Quedáronme os gemelos como Roberto Carlos o ex do Madrid aufff tesos. Veña a subir enriba da bici e ahora veñen repeitos, asequibles e de feito hasta viñan ben, para quentar algo que esto de sair sen quentar reventan as perniñas.
Paso a Miguel e vou collendo a roda dalgún senior que se atranca nas subidas,adianto a un e sigo co meu ritmo ata chegar as baixadas, aquí houbo que aproveitala bici que me prestou Carlos Taboada co seu muelle trasero, baixaba cómodo e seguro, acercándome a outros seniors pero estes xa levaban mais ritmo ca min.

Por fin acábase esta primeira volta, moi duro este circuito, despois das baixadas tiña un punto fatídico para min, outra subida larga para despois volver a baixar e pasar por meta.Bufff cada vez que o penso, ia a abandonar pero por teimudo continuei.

Segunda volta, unha aireada arrebólame contra os eucaliptos. Igual que cando che pasa un camion de Feiraco.
Era Carlos Coloma e debia ter prisa co reparto...Dios mio como me pasous este tío. Incrible, xa o vira unha vez como espactador nunha carreira, pero aquí o meu lado...os mortales parecía que iamos en ruedins.So con esta anecdota xa me valeu a pena vir ata aquí. Pero xa que estamos seguin co meu que era sobrevivir, e desde esta mitad da segunda volta ata o final tiven un dos piques máis emocionantes dende que levo andando en bici.
Tiña un ciclista do Caixanova o alcance da vista, arrimeime ata chegar a collerlle a roda e vaia se me costou, andaba máis ca min, pero sabía que me viña ben ir ó seu ritmo para que non me colleran os que viñan por atrás. Adianteino na baixada pero logo nas costas volviame a pasar, así sucesivamente ata a mitad da volta tres, na que xa non podía mais e meteme máis metros. Chego a última volta facendoa en solitario, e parece que os geles funcionan, notome ben e moito mellor cando volvo a ver o de Caixa nova, habia que intentalo!!! Pero este circuito non perdona se vas xusto de forzas, tiña que intentalo non moi lonxe da meta que a miña mechiña é corta. E así foi, desde a mitad da última volta os dous pegadiños morrendo, eu atras, para que gastarme ca de repeitos que quedaban, o amigo que baixa ritmo como quen invitandome a que fora diante, tiña forzas para pasarlle pero a miña cabeziña traballou algo e a estrategia mellor que vin era ir todo o amodo que el quixera, pero asi que chegara o ultimo repechiño de meta encendela ultima trakiña que me quedaba jejejej, e así foi un mini sprint que estouno contando aquí como se fose unha etapa do Tour, pero que me valeu para quedar 11º a tan solo dous segundos do amigo do Caixanova.

Tendolle a man e digolle "Impresionante a lucha que tivemos" e vai o amigo e dime "Si hombre sí" rexeitándome a man jajajjaa.
Tómomo con humor, porque que ia facer, era para abandonar desde a primeira volta e o final logramos acabar.
http://esmtb.com/wp-content/uploads/2012/04/Vigo-clasificaciones.pdf ;)
As clasificacións tédelas ahí, Jory fixo 6º  quedando 2º clasificado dos galegos, Miguel de 13º, Carlos taboada liouna Parda ca inscripción e non pudo correr e eu de 11º, xa me fastidia que as miñas voltas non salen, polo carayo se equivocaron no tempo final jjejej, podian rebaixarme 8 minutos que me meteu o 10º clasificado ;)

Isto foi a experiencia que vivimos no Open de España, anímovos a todos a participar, crédeme que non comen a nadie, eu fun dous dias de chea nesta semana e un de entrenamiento de bici de 15km. Eso non quere decir que non vira a morte dando a pedal, pero sólo por acabar sinteste coma un verdadeiro CAMPEÓN.


Saudos e quero rematala crónica dandolle as gracias os que me prestastelas vosas bicis, Felix Quintela, Txus, Fernando o meu cuñado, e COMO NON A CARLOS TABOADA que ainda porriba de non correr cedeume a súa bike.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Joer...polo qe contas o final pasachelo de maravilla....alegrome....pa prosima o mellor hasta me animo.....cronica ben contada....saudos a todos

Luis Cooper dijo...

Xa vexo xa, moi ben! A próxima marcha vou, avisade se me despisto. Xa estou listo

O TRISQUEL CC dijo...

Parabéns Anxo!!!!!!!!!!!. Para próxima pidelle o movil o de caixanova que creo que ten falta de amigos. Je je je.

txus dijo...

bien borrokas bien, ahora solo tes q pedirlle o teu personal treining( txelmi), q ch d un pouko d deskanso d tanto entreno nocturno( e nn kos pedales senn ko pedal). konfio eu mais nas tuas posibilitis q ti mesmo. d todad formas eres un pitbuliño e sabelo. hoxe fixen a marcha oeas kon josito, enkantoum a mellor pa min das tres sen duda, despois do segundo avituallamento houbo problemas d loxistika e perdemonos pero podemos decir q o durisisimo completouse; JOSIMURA BELOKI en plan estelar atakando a pe d porto esta fino o moi cerdo, gran dia d bici. veña caio ragazas

txus dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
CES GTI dijo...

a verda e que casi casi estaba pa correr,quizas non para rendir o 100%,pero si para completar a carreira.
outro dia sera,veremos o que nos depara Poio.
dendelogo pasalo ben seguro.

Anxo dijo...

Haber que nos depara Poio logo!!!
Xa me da medo o técnico que din que é, espero vir enteiro para casa.

Carlos T dijo...

Vaille dando Anxiño!! jaja
Si, a verdá e que parecía dura dende FORA! vaia almendrao son.. jaja
E a bici nada,como di o refrán, "Hoy por ti mañana por mí" !
A coidarse veciños!

Jullius dijo...

noraboa Anxo, xa eres unha máquina, pero se te coidaras un pouco... bueno, xa non serias ti!!!

hai que pensar o que che falei o outro día do Treck 12 horas do Monte do Gozo...

Un saudo