Fecha: 05/04/2012
Destino: I RUTA BTT DE CARNOTA
Kms:35 APROX.
Asistentes: FRAN TOWERS, JULIO
Iamos ser catro cabras, pero ao final solo fomos FRANCISCO increible TOWERS e mais eu... quedabamos na casa de Anxo sobre as 9 da mañan e decidiamos ir nun so coche... o portabicis de Fran, non ten punto de comparación coa miña caquita...
Pouco mais salientable... o camiño sen incidencias... chegando a Carnota aparcamos moi cerquiña da saida e a primeira sensación foi rara:
- EU: mira Fran, os dorsais da peña están feitos a boligrafo...
- FRAN: mima... onde nos metemos... jejejeje
É boa verdade que non se pode prexuzgar nada nin nadie, a ORGANIZAICÓN IMOSLLE DAR UN 8... cruces genial, avituallamentos ben, reparto de dorsais rapido, saida en hora, rosca e bebida a granel ao final da ruta... a única cousa en contra foi que a ruta (supoño) que non estaba deseñada por alguen que ande normalmente en bicicleta, xa veredes porqué o digo... de todos xeitos genial.
Colocamonos na liña de saida, saudos a xente de sempre, OS DO MONTE BRAVO, ULTREIAS, DIEGO PENA TREVINCA, e o resto da xente coñecida... cada día coñecemos mais... e case sen darnos conta xa estamos en marcha.

Esta foi a imaxe que me veu a cabeza cando saindo da praza do Concello collemos cara a beira da praia e comeza a xente a baixar das bicis... aquelo parecia a Titan Desert... a verdade e que os primeiros quilómetros foron unha loita encarnizada en contra da natureza: area, pedrolos, auga, rios, pedrolos, area, area e mais area.


A verdade e que esta primeira parte, que en principio parecia divertida e non moi fastidiada, ao final fixose pesada, lenta e case que aburrida. Moito tempo andando, 300 bikers en fila india por camiños estreitos e moitos deles impracticables, en algúns tramos podias intentar ir montado pero como o de diante fallara... pe a terra... e esto ocorria moitas veces.

Concentrados en tales atrancos ian pasando os quilómetros bordeando a praia de Carnota en dirección Lira... supoñíamos que aqui, en Lira, o tema cambiaría e comezariamos a entar en monte. Pero nada mais lonxe da realidade, a ruta continuaba pola beira da praia ata praia do Ancoradoiro en Muros... en total 15 quilómetros deste sufrimento xa relatado. (Esta e parte chunga que se lle achaca a organización).

Chegados a praia do ancoradoiro comezaba o noso, A CABRA TIRA Ó MONTE, XA SE SABE... subida ao monte de Naraio. Fixose por pista ancha sen demasiada complicación non sendo pola subida en sí... fun tirando eu diante, marcando o ritmo, e Fran detras sen despegarse... foi unha ascensión bonita, sen matarse demasiado e cunhas vistas impresionantes... creo que é primeira vez que desfruto tanto coas vistas dunha ruta... cos vaciles ata paramos no alto do Monte Naraio para que un biker nos sacara unha foto.

Uns 12 kilómetros recorrendo varios picos da zona e avituallamento no Alto de Martiaño (a base de bebida e froita), seguimos pola ruta de sendeirismo da SENDA VERDE e chegados ao quilómetro 27 comeza o bonito para Fran (eu xa sabedes que non son amigo de baixar), pois eso, logo de subir, toca baixar... a verdade e que as baixadas foron moi chulas, e Fran debeunas disfrutar de lo lindo, xa que a cara de satisfacción que tiña na liña de meta era impresionante.
Ainda ia quedar unha última sorpresa, unha subidiña no quilómetro 30, bastante técnica e moi chula... outra vez a baixar, agora sí, ata a liña de meta, outra vez no Concello de Carnota. Duchas en auga conxelada, unhas risas e para a casa mais contentos que unhas pascuas... BOA MAÑA DE BTT e boa compañía, FRANCISCO, dentro dun par de meses imos ver quen te para...
11 comentarios:
Menudos fotones!!!!! Buena crónica Julius, así me gusta que animes esto que ya estaba algo parado.
Que se sepa que Yumas te mandó un wasap para avisar de que no iba, pero ya veo que no debió llegar. En fin,lo importante es que lo disfrutasteis. Y para este finde 2x1 en marchas, casi nada.
Saludosss y pedal para el quetenga bici!!
Gracias pola cronia Julius,a verdade e que o pasei xenial,foi unha ruta que para despois de ir a culleredo me beu moi ben,xa que foi libiana,anque o da subida,ibas a ir amodiño,pero amin non me sobraba nada,jajaja,pero a verdade e que moi boa compañia,e un dia xenial,nunha ruta tamen xenial,ahora teño a bici en boxes,para que este lista para o domingo,a ver eu si tou listo,jajaja saudos xente!!
Ja ja ja.....os dorsais eran vos......joer vaia pintaza qe debeu ter a marcha........tivo qe ser bonitisima.....bueno alegrome de qe o pasarades ben......a cronica muy bonita.....e a proxima xa sabedes contade conmigo .......bueno primeiro este finde....eu a dos esfolas non sei si irei.....unicamente si chegou a ficha.....se non e igual porqe eu non qedo a comer e enton no me vale a pena....saudos a TODOS
Non pasa nada Anxo, o que problem e que o meu WHATSAPP NON VAI dende fai tempo...
Por certo recordade que este sabado é a NOCTURNA
Vou facer o posible por ir, pero...Abril aguas MILLLL e as dez da noite, sua sua ca paris de noia!!!
Vai haber que ser valiente e ter un bo chubasquero jejej. Se vou e por ti, por currarte esta historia e polo que axudas a que este blog vaia arriba. Para a próxima nocturna, haber se pode facerse en junio ou julio. Estaba acostumbrado a estes meses de sequia e ahora caen catro gotas e se me encollen as ganas de pedalear jeje. Malo será.Veña parrokia!!
boa cronika jules e mellores fotos.......... eu keria ir........tortilla maldita tortilla.......
Julius xa puxeron as fotos de boqueixon......eu nas dou metido no blog....se ti poideras jijiji ;)
xa están colgadas, a dereita... Anxo borrei o tema da competición porque senon facíase demasiado texto ahí o lado
Un saudo
Moitas gracias.....julius
Fonte fotografica (Fotos 2,3 e 4) Os do Monte Bravo
jejeje, si señor... andiven a roubecha!!! Olvidouseme mencionalo... UN SAUDO
Publicar un comentario