101 km pregrinos 2012

Fecha: 28 de abril de 2012
Destino: Ponferrada
Kms: 101
Asistentes: Miguel, Marcos, Fran, Julio e 1400 mais


A verdade e que non sei como empezar a contar o acontecido en Ponferrada, aínda estou superado polos acontecementos e pola marabilla da proba... aínda me doe a cara da sonrisa que levei durante toda a ruta e mais cando atravesei a liña de meta. Saiamos o venres 27 sobre as 5 da tarde, o camiño sen incidencias, iamos cargados como se marcharamos 15 días da casa, pero xa se sabe, roupa por se chove..., se non chove..., pa cambiarse..., por se acaso..., buffff! Eu, persoalmente levaba un par de noites sen durmir nada ben, os nervios comíanme..., ademais o finde anterior tiven unha gastroenteritis bastante jodida, co cal a inquedanza por non saber o que me ia atopar e por se acabaría ou non matoume durante os días anteriores a proba... e ese día non ia ser menos. Chegamos a Ponferrada sobre as 9 da  noite e buscamos o "hotelito", se non fora pola calor e pola minúscula cama, non estaría mal, a verdade e que tampouco cobraron moito, co cal non se pode pedir mais.
Unha vez instalados decidimos ir a entregar a declaración xurada e mais o carné no punto de saída, xa había bastante xente por alí… entregamos e media volta a trote rápido, xa que comezou a caer o diluvio universal! a que nos esperaba mañá… 
Cenita (bastante cativa, por certo) ao lado do hotel e a durmir… Bueno, o de durmir foi un dicir,  entre os nervios e o calor case non dei pegado ollo, e non fun o único, xa que as 7 da mañá estabamos todos espertos. 
Foto oficial antes da saida

Logo do almorzo buffet, tiramos para a zona de saída, a verdade e que  había pouco ambiente polo de agora. Desmontamos bicicletas e preparamos a roupa, aínda que ameazaba chuvia, decidimos ir os catro con bastante pouca, eu ata arriesguei a ir sen chuvasqueiro. Ao pouco xa se comezaban a ver os coñecidos: Os esfola arrós, os ultreia, os de pontecesures, etc… 




Sobre as 9:30 entramos nas pistas deportivas onde se da a saída, fotos de rigor e a buscar un bo sitio para non quedar atrás xa de primeiras. As 10h. en punto dábase a saída, os primeiros kilómetros discorren polo medio de Ponferrada. 

Aquí é onde te das conta de que tas nunha proba grande, a xente agolpase aos lados da carretera (e cando digo xente, falo de miles e miles de persoas) da gusto andar por alí, aquelo parece o Tour de Francia... ademais outra das imaxes que che quedan gravadas é a do pelotón, imaxinade 1400 bikers xuntos, pena que non fixeran ningunha foto aérea, tiña que ser un flipe...
Que contentiños iamos na saida

Nos a verdade e que comezamos alegres, pero pronto se iria colocando a xente... os primeiros km. son rompe pernas pero moi rápidos, case sen darnos conta estamos no km 11, onde aparece a primeira trampa: una subidiña non moi longa pero totalmente intransitable, bicicleta ao lombo e veña a mollar os peiños no barro.

Creo que aínda non o comentei: QUE SORTE TIVEMOS CO TEMPO, nin frío, nin chuvia, nin sol... IDEAL PARA O QUE NOS ESPERABA. Seguimos cun tremendo sube baixa ata o kilómetro 40... isto fíxose case sen darnos conta, a verdade e que eu estaba flipando comigo mesmo, Fran tamén se atopaba ben, case sempre ao meu lado e de Marcos e Miguel, xa facía tempo que non sabíamos nada. Chegamos ao primeiro control de dorsais e aquí a xente coméntame que é aquí onde comeza a carreira, a verdade que non lles faltaba razón. 

Como xa dixen, ata o de agora atopábame moi ben, incluso me sorprendín do ben que estaba, foi entón cando decidín deixar de ser conservador e tirar a ver que pasaba. Antes de saír do control, vistazo ao plano do que falta, e doume conta que o próximo que viña era a subida longa (16 km con tan só 3 de baixada).
Comezo a aplicarlle ritmo, deixando a Fran atrás, ata Yeres (un dos mil avituallamentos que había) todo ia ben, aínda que xa se van notando os km nas pernas. Paro uns minutos para comer algo e esperar para ver se Fran chega... logo dun anaco e vendo que non da chegado decido tirar xa a cañón. Pasamos polo mirador das Médulas.
Vista espectacular das Medulas

Comeza a baixada dos 3 km e logo outra vez a subir ata o Castillo de Cornatel, directamente por unha leira... 
Castillo de Cornatel

Bufff que jodido foi este tramo, pero foise facendo. Dicir que os cadáveres eran numerosos neste punto da proba, eu a verdade e que ata aquí fun bastante ben, pero foi a partir do km 70 onde comezaron a aparecer os calambres (na miña vida tiven tantos), agora si GLUCOSPOT que marabilla!! foi tomar un e volver a ter forzas renovadas. A partir de aquí, unhas subidas bastante jodidas, que fixen a pé, e logo baixada ata o pobo de Santalla, onde se realizaba a transición do duatlón, a partir de aquí un triangulo de 11 km que nos faría volver ao mesmo sitio para que a xente de duatlón volvera a coller a bici, neste punto xa estabamos no kilómetro 80 e tantos... e eu agora si estaba desexando acabar, o cansancio era moitisimo e os calambres continuos, e o glucosport xa non facía todo o efecto desexado.

Quero mencionar o avitullamento de Santalla: tortillas, chourizos, caldo, ovos cocidos, etc.. recibíronnos con honores de campións... e dádevos conta que eu iva con 4 horas sobre os primeiros... aguantaron todo o día alí as mulleriñas cociñando e dando ánimos. Por estas cousas da gusto estar nesta proba.


Aquí había de todo
 
Coa pota do caldo

Bueno sen mais comezaba o último tramo, os 10 últimos km de volta a Ponferrada, para min matadores, en todo momento divisase Ponferrada  pero non se da chegado, e entre tanto vexo que algúen me pasa coa forza dun ciclón, Fran estivera gardando forzas toda a marcha e agora atopábase xenial... por un momento quixen seguirlle o ritmo, pero xa vin que era tontería, ia sobrado... así pouco a pouco facemos o último tramo interminable do río Sil e volvemos ao principio onde está situada a liña de meta. Que sensación, bufff, que alegría de ter rematado e que satisfacción persoal, non o imaxinades... outra  vez “un millon” estaban aplaudindo na chegada… parecia que era o gañador.
Marcos e Miguel xa estaban duchados e Fran e mais eu imos pola nosa camiseta de "FINALISTA" e pola medalla... duchas de rigor, e pouco mais que contar.
Destacar unhas cousiñas:
- A organización, para min un 10, avituallamentos de sobra, comida a barrer, xente en todos e cada un dos cruces, señalización perfecta, e sempre preocupandose dos participantes, vamos ESPECTACULAR.
- A amabilidade da xente dos pobos: tios limpandoche a bici, ofrecendoche aceite, comida... dandoche animos, avisandoche dos perigos...
- E a parte negativa: ALGÚNS PARTICPANTES, non vos imaxinades que cantidade de merda vai deixando a xente polo monte. Eu atopei dende botellíns ata cámaras. Pero o peor nos avituallamentos, dende que che daban a comida ata un km mais ou menos o camiño era unha auténtica estequeira de papeis, botellas de plástico, geles, e un sinfin de plásticos que non ten sentido deixar tirados xa que había 200 papeleiras en cada punto de avituallamento.

POR TODO O RESTO UN 10, ESPERO REPETIR PARA O ANO!!!

CLASIFICACIÓN

1.- BRANDAN MARQUEZ FERNANDEZ - 4:29:13
124.- JOSE MIGUEL ANDRADE SUAREZ - 6:45:14
159.- MARCOS DELGADO GARCÍA - 6:58:07
344.- FRANCISCO JOSE GARCIA DE SOUSA - 8:06:54
356.- JULIO MALLO NIETO - 8:10:45

TOTAL PARTICIPANTES QUE REMATARON:  861

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Enhorabuena julius.......joer tremenda cronica.....si señor ten qe ser espectacular.....po ano conta conmigo.....si chegamos claro jijijij.....saudos

Anxo dijo...

Enorme, Juliusssss and company!!!!!!!! Que alegria da leer unha crónica dunha marcha deste tipo, xa aburren as dos Tres picos e arredores de por aquí. Si señor!!! Alegrome de que rematasedes todos e neses tempazos. Así me gusta que teñades iniciativa para enfrentarse a desafios deste tipo. Noraboa rapaces, xa me da medo sair con vos na bike jeje, os meus entrenos ultimamente son de 30km jajaj.

Veña saudos e felicitarte por esta gran crónica, o que máis envexa me dou foi o caldo da vella e as tortillas que de seguro habian estar moi boas ;)

txus dijo...

asi da gusto, q envidia mais mala.........jeje. noraboa julius e kompañia, o importante e ir lle dando , a q ahora esta claro julio?? d novo parabens, ojala poda asistir para o ano. veña unha aperta boa cronika.

Jullius dijo...

MOITAS GRACIAS! A verdade e que vos botou de menos, molaba ser unha boa manada de cabras... para o ano temos que miralo con tempo.

Polo demais domingo as 8:15 na gasolinera! xa sabedes que eu teño sitio para unha bici!! Fran dixome que viña tamén, a ver se se manifesta.

saudos

Anxo dijo...

Yo mañana no voy a la marcha, tengo comida en Padrón y no me da tiempo a llegar. Dadelle duro que seica van poñervos trasponders pa controlalos tempos. Gooooo!!!! Pasadeos ben pitbuliñosss.

Jullius dijo...

Eu tampouco podo ir...! E a verdade e que tiña moitas ganas, pero teño 1 contractura que non me deixa mover o pescozo...!Fran tamen me avisou que ten gripe e tampouco vai!a ver se pa proxima hai mais sorte!

Luis Cooper dijo...

Si señor!! que envexa!! Mira que tiña gañas de ir este ano pero co rollo da piscina quedou todo de lado. Que pasada! entráchedes ben de tempo e disfrutáchedes do recorrido, como debe ser.

Joder, o Brandán de que carallo está feito jajaja mimaaaa

Por certo, quen vai a O Pino??