Destino: Pedrouzo - Arca - O Pino
Kms: 39 aprox.
Asistentes: Denis, Luis Casal, Nacho Filmaker, e eu
Estivemos con certa incertidume ata o último momento, certos problemillas de última hora tanto de Menchov coma meus fixeron que a nosa participación na I ruta BTT do Pino estivera en duda ata o final, pero a necesidade de airear un pouco as nosas cabezas fixo que ao final decidiramos ir. As 8 da mañan era a hora zulú, montamos as bicis no coche e arrancamos para Arca, Luis Casal salíanos xa alí. chegamos sen novidade e aparcamos o vehículo, como chegamos con tempo ainda case non había nadie mais que os da organización, recollida de dorsais, baixamos do coche as monturas e a esperar a saida. Houbo unha novidade nesta ruta que foi o control por chip, dabanche unha cinta para poñer no tobillo coa que contaría o tempo.
Como sempre, haí estaba todo o mundo: Os do monte Bravo, Esfola Arros, Nacho The Filmmaker, algún ultreia... e un invitado non moi asiduo a estas historias: Rafa Romero. Falando con uns e cos outros dounos a hora de saida... colocamonos cara diante coma sempre e comeza o lio...
Antes de adentrarnos no monte, volta neutralizada polo Pino e logo dirección aeroporto polo camiño de Santiago... molaba ver as caras do peregrinos cando pasabamos polo lado deles...jejeje! A proba ia pasando por camiños moi chulos, en principio sen moita dificultade... a todo esto eu a Menchov xa o perdera de vista, ia no grupo de cabeza moi decidido a entrar nas primeiras posicións.
Case sen tempo a quentar comezaba a primeira proba, a subida ao Aeroporto, unha subida de aproximadamente uns 2 km bastante pronunciada pero non moi técnica, subiuse sen problema e logo baixar e llanear ata o km 12 no que comezaba a subida "interesante". Moi pouco antes, no km 11 máis ou menos, vexo a Manu de Os do Monte Bravo dando a volta ao recorrido, pregunto que pasou? e dime que un "ostiazo" dun tio e que ia avisar os da organización... tiro amodo e cal e a miña sorpresa cando vexo a Rafa no chan, cheo de terra e coa man na clavícula, estiven un pouco con el e cando vin que estaba a ambualncia chegando decidin tirar (segundo comentaron logo, parece que rompeu a clavicula e levou un golpe forte no bazo, espero que non fora nada mais grave!!!!).
Logo deste percance comezaría o intersante do día, una subida con moita pedra de uns 4 km bastante jodida pero que se fixo, non sen sudar o collón... Neste punto foi onde me enganchei a roda do amigo Pato e xa non o soltei ata a liña de meta... logo da subida sube baixa durante uns cinco km e chegamos ao avituallamento onde estaba o control do chip e onde case non parei. Bueno foi Pato o que non me deixou parar, parece ser que lle escoitara ao do control que solo ian diante nosa 25 bikers, eu case non o creia, pero bueno decidimos tirar... a verdade e que o que quedaba de ruta era moi rodadora, ainda así demoslle caña pero bien...! de feito acabei cunha media de 17, (para min unha animalada)
De aqui ao final nada salientable, candela, candela, candela... sempre a roda de pato... en anacos ata cunha velocidade de 35 km/h e fomos pasando a algunha xente... Tiramos ata que chegamos a un punto onde non había flechas, bufff! perdemosnos! e con nos 4 ou 5 bikers mais, non sei en que punto, enredamos un anaco buscando camiños e ao final decidimos dar volta... o problema fora noso, iamos tan concentrados en darlle caña que non vimos unha sinal que indicaba a esquerda e seguimos de fronte..., nada uns tres quilómetros de valde... ao final chegamos Pato e eu xuntos a meta... Menchov xa chegara facia un anaco e Luis casal tardou sobre unha media hora.
Según me comentaba logo Denis entrara de 5 ainda que perdera moitisimo tempo con Rafa que estivo con el en todo momento mentres non o atendian... Ao final Denis 5, Pato 39, eu 40, Nachete 104 e Luis Casal 112...
E como non ENCANTADOS DE LA VIDA!!! moito me gustou esta ruta... moi recomendable! Como sempre, pena de mais Cabras.
5 comentarios:
Gracias pola cronica julius.....mi ma moito disfrutache onte.....nunca te vin tan contento ca bici....a verdad e qe ahora estas moitisimo mais fuerte e enton cada vez daslle mais caña.....unha ruta preciosa.....saudos
Así me gusta que se vexan As Cabras por todalas rutas.
Desexarlle a Rafa unha pronta recuperación!!!
Espero que falte menos para poder sair con todos vos na bike. De momento Surf e Sol ;)
Un saudo aos cabras,bonita crónica xulioque onte fixemos un duo perfecto el nas subidas e eu en baixadas e llaneando,tiveron sorte denis e suso lavacolla que marcharon primeiros, enos nos saimos da ruta,todo moi ben,SAUDOS
Apuntado para a de Touro! E a voltas cunha vaca para o coche...o do enganche descartado, vale máis co coche en si jeje
En breves Palankiñas estará nas vosas mellores Terroeiras.
PALANKAS IS COMING!!!!!!!!!!
Publicar un comentario