3x1 Vendaval Days

 Fecha: 23/10/2012
 Destino: Primer Pico, Antenas, Rubial.
 Kms:55.3
 Asistentes: Txus, Arturo, Anxo.

Capítulo 1-A Cita-
A cita era as nove da mañan, pero coma un namorado, quedei desde as oito e cuarto mirando para o movil, por unha vez ata quería que me deran calabazas, pero aquí nadie sensato chamaba esperando as verbas que  un queria oir, dunha posible cancelación da cita por mor do tempo. Houbo que vestirse co traxe dos domingos das cabras e ir a velo outro namorado das duas rodas. Na casa de Txus xa estaba Arturo na porta, hinchamos rodas e veña po monte.

Capítulo 2-Primeiro Pico-
Fixemos o tres por un, empezando polo Primeiro pico, aquí no principio da subida decidin queimar un cartucho, xa que pensei que o duo maratoning ianme dar nas cachas nos seguintes dous pinchos. Non foi así e deixáronme tirar o meu aire. Reagrupamonos arriba, e digolle a Txus que vaia diante que eu non me acordo do enlace da baixada que comunica co Monte Meda, e aquí empeza a Cronica jajjaa!!!!!!

Capítulo 3-A Crónica-
Descólgome baixando, porque nada podo facer contra as dobles dos Smigols, unha porque vou sen guantes e doeme moitisimo as mans e outra porque teño unha horquilla de suspensión que solo ten o nome porque en canto a absorber baches cero. Pois eso, nin os vexo diante, intúo que o desvío de baixada é un á man izquierda pero despois preséntanseme uns cruces en plena baixada, utilizo a miña pouca lóxica que me queda e collo un a izquierda xa que as Antenas teñen que estar nesa dirección. Avanzo e non vexo a nadie, ata que os dez minutos sona o móvil, pero entre Txus e eu pouco etendemento hai. Eu digolle que estou na carretera de cando baixamos das Antenas, esa na que fago de Valentino Rossi, él de Duhan, e Josito de Criville. Xusto a primeira baixada de asfalto despois de sair do tramo de pedras rotísimo. Dime que non sabe moi ben cal é, pero que máis ou menos pode atopala. Conclusión espero nunha marquesina un anaco e vólveme a chamar Arturo, él dime que xa están entrando no tramo de pedras roto, digolle que tiren que non esperen que xa nos veriamos arriba.

Capítulo 4-Misión, encontrar a Entrada do camiño de Pedras-
A partir de aquí eu xa non sei nin onde estaba. A carretera esta de Moto GP, non me sonaba, subin e subin ata que se fixo llana e vin un cartel que poñia Teo, volvin para abaixo xa que non me lembraba de sair do desvío de pedras e ir dar a un llano, asique fun pa baixo ata que apareceu un desvío en direccion Antenas pero que tiña unha entrada de cemento, non me sonaba ese cacho de cemento pero ahí me metín. Unha vez adentrado no camiño bifurcase, e creo que por fin encontro o camiño de Pedras a man izquierda e outro camiño mais limpo a man dereita. Decidin collelo da dereita...

Capitulo 5-Lose, Lost, Lost, Perdido en sabe Dios-
Coma un loco, rodando por un camiño de terra llano increible, liso e cuberto de árbores que me facian de paraugas para a chuvia. Miraba o conta km e rodando a 25km/h para que vexades o llano e liso que estaba o camiño ata que...O camiño estreitase de repente, e aparece unha trialera vertical diante miña, non o dudo e veña bici o lombo e imos ver que hai arriba. Ia pensando no Ultimo survival este da tele que di que hai que subir os altos para logo guiarse e así fixen jejej. Para min que estaba no alto do pincho que se ve desde a general da Picaraña ese Pincho de pedras que sempre quisen subir, en fin a verdade e que nin idea. Seguin bordeando por unha ladera ata que por fin sei onde estou. Estaba xusto nos cortafuegos enormes que van as Antenas.

Capítulo 6-Subida as Antenas-
Hoxe tiña moi boas pernas e sentíame moi ben para dar guerra, quería coronar todolos pinchos do día de primeiro. Pero ia detras deles, ou eso pensaba. Eles xa entraran no camiño de pedras que os levaría na dirección correcta facía unha hora eu mentras subindo trialeras ca bici o lombo e medio perdido...
Había que recortar tempo e sólo se me ocurre a min collela bici ó lombo e a subir o cortafuegos das Antenas que debe ter 35 de %, case parto os gemelos pero cando chego arriba de todo creo que este si que é o camiño de pedra, avanzo por el e vexo ó fondo baixando pola carretera asfaltada das Antenas a catro bikers, xa lles berro porque deben ser eles pero cando os teño diante non son, pregúntolles polas outras cabras e dinme que non as viron. Increible o que escoito e veña, poñome en Modo Juego de Tronos e a sprintar polas Antenas Arriba, ata que os cinco minutos aparecen Txus e Arturo.

Capítulo 7- Txus de mala hostia-
Voldemort case me come cando baixa da bicicleta. Arrancas coma un Tolo subindo!!!!! Se cho fan ti!!!!! Demos volta a buscarte na baixada!!!! Pensamos que caeras!!!!!!

Unha armada boa, coméntolles que non pasa nada que o que me perdín fun eu, e así dedicoume o Vello esta foto jejeje. Non debatimos moito máis porque como di o Cholo o Moco mata a fibra e antes de levar un ramalazo do Brazo Popelle, calei e seguimos para o próximo Pincho.

Capítulo 8- Rubial-
Despois de darme conta de que eu hoxe rebentara a volta e de que esto non ia de Xogo de Tronos nin de carreritas, rodamos xuntos por Rois falando o pouco que deixaba o vento e a chuvia.
Subimos ata o triángulo marcando Popeye un ritmo de espinacas jajjaja eran geles o que o vello roia pero o efecto debeu facer que lle hincharan os gemelos e veña a fuego ata a parte gris, onde aquí lle quixen dar un relevo e que se puxeran a roda, pero non houbo entendimiento. Iamos facendo a goma ata que  na mitade da subida agrupamonos e coronamos xuntos.
Dou tempo a facer unha fotiño:
Pola foto parece un día normal nublado pero o vento de hoxe daba medo, baixando as bicis ian tumbadas polas rachas que viñan.

E chegamos como non a Parrokia, por fin este desafío cumplido!!!!! Xa lle tiña ganas, e a verda pensei que serían moitos mais kilometros e bastante mais duros. Tanto Chus coma Arturo acabaron cunha cara de frescura que xa me daba medo, se chega a ser 4x1!!!! Para o ano e o que toca.

Agradecer a Arturo, que é unha nova cabra, que nos acompañara a Txus e a min. E o meu Borrokiñas tamén agardecer que me aturara hoxe. O final chamoume pa ir de viños  pero nese 4x1 podo morrer.

Capítulo9- Dedicatoria "CHOLO DICAPRIO"
Esta crónica quero adicarlla a outro membro das Cabras. A Choliño que xa esta con nós para dar pedal cando teña tempo e ganas. En nome de todalas Cabras Alegrámonos de que estes por aquí xa con nós para dar pedal e para ir de viños!!!!! Apertas Diego!!!

FIN

13 comentarios:

txus dijo...

eres komo ese kan q intentas deixar abandonado no monte pero q sempre sigue o ratro e volve a kasa, e desde logo eres o mellor kronista deste blog. Ken ia decir q a tua vis komika dominaria o reverso tenebroso. Moi boa cronika, nadie a faria mellor, e desde logo unome a esa dedicatoria d benbida para o gran Txolo Beloki. Bks susis.

mpenedo dijo...

Vaia crónicas que escribe o palanquiñas! jejeje, como siga así vai haber que pagarlle copyright!

eso si, parece que á bh se lle atragantan as baixadas, jejeje, o final vas ter que facerte cunha doble, asi nin te escapas subindo, nin te perdes baixando ;).

Por certo, espectacular esa espe de 29.


Un saludo a todos dende Costa Rica.

Pura vida!

Anónimo dijo...

Gran cronica Anxo......tes talento jjijij......señor Miguel un saudazo moi forte por eses sitios je je je...avisa cando volvas

Anónimo dijo...

Aaaaaa.....e por certo, ese cholo....ja ja....xa nos veremos......alegrome...

Anónimo dijo...

Anxo o teu e periodista macho, da gusto leerche. Un diaza de btt con climatoloxia adversa e unha gran compañia.

Anxo dijo...

Alégrome de que vos guste a crónica, asi da ganas de seguir facendoas!!!!

Sufrimos co temporal, pero cando un chega a casa nestas condicións e cando mais satisfeito queda dunha volta de mtb.

A parte dos entrenos semanais que cada un lle arma, podiamos coincidir o maior numero de cabras nunha volta do fin de semana.
Publicade se podedes cunha mensaxe cando vaiades a sair, a poder ser cun dia de antelación. Sobre todo a xente que traballades a turnos e que resulta máis dificil coincidir con vos.

Saudos familia.

Anónimo dijo...

pero que carallo dis ti de 24 horas si non sabes nin o que vas facer dentro de media hora, e fallas un par de veces por semana a tua palabra, "bueno palabra"por certo boa cronica a eso pegaslle ben borrokas; non fai falta que firme xa sabes que son o teu azote

txus dijo...

je,je,je. Ese punished...... O d pasarse os terriers kanto mal ch fixo..........

Anónimo dijo...

jaja, cala e sigue cañampeando!e recordoche que ti eres o pionero dos terriers metendo escapadas a 40km de meta tipo Pantani, pero ahora xa levas o Arturo( alias popi, alias o brasas, alias cala xa dunha puta vez)recordandoche que esas medias son moi baixas pa vos

Anónimo dijo...

;s

Anxo dijo...

A Alguien le apetece un paseo de bici y luego sua sua por Santa Minia!!!!

Anxo dijo...

MAÑANA VUELTA EN BICI DE CARRETERA A LAS 09:00 EN LA CASA DE JOSITO.

CONFIRMADOS:
-JOSITO
-DENIS
-ANXO

YO LLAMO A DAVID, QUE ALGUIEN SE PONGA EN CONTACTO CON ARTURO. Y SI ALGUIEN MÁS QUIERE VENIR YA SABE!!!!

Anónimo dijo...

Ali estarei....mi madriña a qe me espera