Os Bos Costumes

 Fecha: 25/01/2013......26/01/2013
 Destino: Venres(Media Ruta Ames)http://connect.garmin.com/activity/265837071. Sábado(Rubial, Meda, Arredores Muralla)http://connect.garmin.com/activity/266263863.
 Kms: 36, 110.
 Asistentes: Silvia e Xisco na ruta de Ames e na Tundas Day: Txus, Yosimura e Papeitor, Pola Mañan. E de Tarde-Noite, Club Ciclista O Trisquel.

Nunca hai que perdelos bos costumes. Sobre todo cando se trata de xuntarnos unhas cuantas Cabras.

Venres!! Máis que un costume, un luxo poder andar na bici pola maña. Destino Ruta de Ames. Misión Incompleta pero moi divertida.
A vella váisenos jajjaa, mira que lle quero ben, pero hai que descansar!!! Ten a rodilla de madeira apolillada e sigue forzando. Non e capaz de darlle REPOSO TOTAL sen Gym nin deixando o velocípedo.
E o seu Merliño tivo problemas mecánicos, conclusión: despois de levar feita a ruta ata Tapia houbo que dar volta pola xeneral ata Brión.
 Ainda así valeu moito a pena esta saida, os camiños do río están moi técnicos, cheos de pedras e ramas, co río apiques de desbordar invitando a un chapuzón en calquer descuido...
 De ponte a ponte e sigo por que me arrastra esta corrente de dar pedal.

Xa é Sábado, e moitas opcións a escoller: Praia, saida ca flaca ou saída cas Cabras en Montaña. Foi difícil a elección Surf-Mtb Cas Cabras, pero visto que por fin ia mollarme menos dando pedal que no mar, optei por dar pedal co Trio ternura. E que ganas tiña!!! Por fin o equipo "JA" unido!!!
Sesión matutina de moitas risas, a vida do Cholo narrada polo noso Borrocas da para escahalas moas.
Deixáronme a min facer de guía jajjaja, ainda me pican as pernas. Perdin ó convoi por unhas toxeiras logo de coronar o Rubial, este foi o peor momento da volta, escocian as pernas das caricias dos Toxiños, pero non houbo moita queixa do respetable, ou eso espero :)
A  intención era unilo 3x1 que levo intentando tempo sen perderme, isto é, Rubial +Meda+3Picos. Os dous primeiros conseguímolos, pero nos Tres picos o tempo botóuselle enriba a clase proletaria e descartárono.
A famosa subida ó Meda, foi a ritmo suave. O Team Cabras anda tocado. Papeitor ten as costillas coma o churrasco queimado que nadie quere. Chus, mermado pola falta de enerxia que aporta un bo almorzo e a falta de motivación por non dispoñer da sua bici, quedábase a mitad de subida. E Yosimura mais eu aturándonos pola falta de actividade.

Xa era sobre a unha do medio día, e o trio Ternura falaba máis de taberna que de kilómetros.
Eles foron avituallarse, e eu coma teño por traballo o ocio, seguin dando pedal dirección Padron.

Parada técnica no eroski a  por uns espaguetis e a cociñalos na casa da aboa, mentras se  facia o tempo para reunirme ca xente de Cesures.Ahora coñecidos coma Clube Ciclista o Trisquel.

 JEJEJEJ :) TODO SEGUE IGUAL OU MELLOR AÍNDA!!!!!!

Uzal, Moroko, Home de Negro, Alberto, Gulli, Tino e moitos máis, sobre uns vinte bikers ca IDEA de ir ó Muralla!!!!

¿¿¿Levas Lumieira?????
Entre que xa levaba medio mareo dos primeiros 50km, e que non entendía o termo, veume o medo ó corpo.
-Lumi que???
-Linternaaa!!!!!

Otia hai logo...O que me espera, pensaba eu. Normal saindo as catro da tarde era de prever que se chegaria de noite.
Cas perniñas xa quentiñas, comezamos llaneando e despois do único que me acordo e de subir e subir, e do nome de Ivan jajjajaja. Perdémonos unhas cuantas veces de día!!!!!
 Non había problema, volta atrás e a seguir cara a Muralla.
Durante a volta mil conversas co personal, ambiente carayudo. Rodei moito con Alberto, un que me dou unha boa chaquetilla na primeira carreira da miña vida jejej. Gustame como lle explicou a Gulli as suas sesións de entreno. Constaban de 200km todolos dias jjajaja.
 Aquí o tendes, Alberto e Tino. Tino aquí e o Puto Jefe :) Bótase os charcos, abre camiño e vai coma unha moto. Falando de motos, ahora en Cesures a Finsa e Cortizo deben de estar fabricando bicis de 29.
O Clube Cilista o Trisquel ten o catálogo 29 enteiro de 2013:
 Por certo as duas en talla "s" probeinas e dabame ganas de tirar ca miña jeje. A focus e de Uzal, xa lle escachou o cuadro pero vai moi ben, e moi cómoda.
En canto a Ktm, o que a diseñou debeuse olvidar que non levaba motor e que vai a pedales, pois cas botas neles  baten na roda de diante. Non che entendo moito desto, pero nun descuido podes pegarte un bo Front Flip.

Seguimos ata o último e mellor capítulo, A NOITE!!!!!

Ultimamente programase todo, a hora de chegada, mirase o tempo que vai facer, o traxecto etc, etc
Pois métete no monte de noite, pérdete, baixa por trialeras e igual sinteste tan libre coma cando eras pequeno. Esa foi a sensación que tiven eu. As voltas que se daban antes, cando saias de dia con bolsas da compra nos pes por si chovia e roupa de abrigo porque a saber a que hora se viña para casa.
 Xa sabedes, unha imaxe vale máis que...
Ainda así seguimos buscando a Muralla, a China ou a do Monte Treito pero algunha deberiamos atopar.

Non houbo maneira chico, o desafio non foi completado. A chuvia ameazaba e optouse por volver a casa.
A miña nai a chamar, a ver como lle explico que non estou na taberna que estou no monte tamen perdido jejejeje.

O ritmo foi in crescendo, a Gulli dáselle moi ben esta tarefa jeje. Eu uninme a Moroko e a Tino nos tramos finais de sprints. Pena ese último ehh Tino, que nos roubou a organización jjajjaa!!!!!

Se chegáchedes hasta aquí lendo, douvos a miña noraboa :) Preferiría que me houberas acompañado na bici pero cun comentario na crónica tamen me vale :)

E esto foi a finde de bici. Moitas gracias o Clube O Trisquel por contar comigo.

Saudos Familia.

3 comentarios:

UZAL dijo...

Eu creo que para a próxima volta a España, teñenche que contratar para facer as crónicas e deixar a perico a traballar nas bateas. Un crack.

Eu creo que vas a empezar a darlle mais uso a casa de aboa e invertir en lumenes. Je je je.

Anxo dijo...

:) SI o Perico mellor deixalo nas bateas, alí está moi ben.
Pois este sábado igual repito!!! Irei sen lúmenes que é mais divertido ;)
Por certo o Moroko traumatizou a Gulli cas mofas a sua bici jejej.

ArturO.frOOme dijo...

bonita volta a de rubial, meda e mellor cronica :)