I COMPOSTELA BTT

 Fecha: 12/05/2013
 Destino: Santiago de Compostela
 Kms:50
 Asistentes: Paris de Noia, Panorama e 290 bikers.

"Chegou a festa da Bicicleta a Compostela"
 Por fin unha Marcha Btt na Capital cun ambiente tan bo como o día.
Marcha ou carreira encuberta como dician algúns. Esto do chip ten moita trampa...Instálalo e comeza o tembleque nervioso de pernas e brazos.
Brandán vai cortando a cinta que da a saída da Festa. A charanga Ultreia toma a cabeza da proba e Juancho empeza co seu solo de bicicleta. DISFRUTEN SEÑORES e SEÑORAS.
Non hai mellor maneira de amenizar unha festa que cun bo vermout etiqueta Pedroso, para ir collendo o puntillo jejej. Ehh vaia como se meneaban os galgos polas pranchiñas do Pedroso.
 Brandan, Juancho, Angel Pais, Brais Chas, Oliveira e o Jatiño de Combate de Estrar, estaban arriba na tarima e o resto fumos bebendo con calma na zona boliche pelotón que á volta había que collelo coche.
Sen novidade nos primeriros kilómetros en canto a situación de baile, Jatiño de Combate diante cos Pata Negras, e polo medio Nós, o tándem sólido Yosimura-Arturo.
 E por outra banda eu en busca de aventura.Ata que me atopei con Gulli, o dromedario de Cesures, motor diesel kilometros que ti quieras que él faichos.
Tremenda fusión, un Gulli kilométrico motor Diesel vs Gasolina Gran reserva Peteneras, coma os riojas bos que os bebes dun groliño. Así é a miña energía, de Penalti. Pero desta vez con Gulli ó lado a ruta foi moi amena e controlando os esforzos. E dicir doume a vida, e a palabra para paliquear ó longo da ruta cun bo ritmo.

Falamos de moitas cousas, sobre todo de Ivan, Componente do Clube O Trisquel que sufreu un grave accidente fai tempo e do cal se lembrou Gulli nos seus kilometros en solitario polos 101 Peregrinos e noutras rutas máis. Espero que te recuperes canto antes Ivan e atures de Gulli que SÓ TI PODES con él. Moito Ánimo!!! 
Hai que seguir. Uns apretando o colmillo como é o caso do Jatiño de Combate de Estrar que xa está no medio de todalas liortas, rabuñando boas posicións. E aquí o seu 4º Posto acadado. http://www.magmasports.es/fotos/1368364807_B2hM.pdf,
E outros a rir jejejeje. Que Grande Simal!!!!!!! Non hai ruta Ultreia sen él. Temos que aprender todos moito del e do seu espíritu Biker. Decir Ultreia e dicir JESÚS SIMAL.
Xa queda pouco para o final e non hai festa sen xente, así pois agradecer a todolos clubes veciños que vos arrimastes.
Aquí os do Monte Bravo. Toño, Manu,Ángel e compañía. Tamén se arrimaron os veciños Oeas.
Unha boa marcha cun final de Restaurante. Espero sexa o principio de moitas marchas máis.
Quero adicarlle esta crónica a Ivan. Moita Forza Amigo.

SAUDOS FAMILIA

4 comentarios:

gulli dijo...

Anxo... sen palabras.
Grazas por acordarte do noso Iván.
Outra crónica que teremos que leerlle.
Foi un pracer compartir kms diésel contigo.
A coidarse!!l

Anxo dijo...

Senon chega a ser por ti non acabo a ruta ó meu ritmo.

O máis importante e que se recupere Ivan, ten un gran clube para facer unha rehabilitacion dando pedal.

Apertas Trisqueles.

Anónimo dijo...

As tuas crónicas son terapeuticas,moitos parabens..

Anxo dijo...

Pode ser, as veces penso que fago BiciTerapia e vez de Mountain Bike. O caso e desfrutar e coñecer xente :) E se ainda así vos gustan as crónicas, con máis ganas as seguirei facendo.
Saudos.