Nos 101 non está o límite pero casi...

Fecha: 04/05/2013
Destino: 101 Peregrinos - Ponferrada
Kms: 108 km
Asistentes: Arturo, Josito, Marcos, Miguel, Fran Towers, Julio, 100 ou 200 Ultreias e uns 2000 participantes mais.


Quixen titular a crónica dos 101 Peregrinos 2013 con esta mítica frase de "meu tio",... a tónica xeral desta proba foi o SUFRIMENTO... realmente era necesario tanto?

Arrancabamos para Ponferrada o venres a eso das 18 hrs., fixemos o camiño sen moito problema e chegamos sobre as 20:30 hrs. logo de buscar os hoteis e aloxarnos decidimos pasar polo pavillón para rematar de facer a inscrición, recoller dorsais, maillots, regalos, e tamén, para ver o ambiente que alí se cocia... a verdade é que o ano pasado (igual era porque era a primeira vez que iva) teño a sensación de que había mais.

Unha vez rematado o papeleo cenita light: Foster's Hollywood + Burger king, xa vos podedes imaxinar... e sen mais miramentos Arturo e Josíto para o seu Hotel e nos para o noso. Á cama a intentar durmir que xa quedaban poucas horas para o gran día... Digo intentar, porque foi case imposible pegar ollo, entre os nervios e o calor do hotel creo que durmin unhas 2 horas. As 6:30 xa estabamos co ollo aberto.

Ata as 8 non estaba o almorzo listo co cal aproveitamos para vestirnos, preparar mochilas, suplementos, dorsal na bici, etc... e cas mesmas baixamos ao almorzo... ese día no hotel debiamos ser solo ciclistas porque aquelo era un milleiro.

Con algunha que outra presa, pois pechaban a entrada para a liña de saida as 9:10 hrs., saimos do hotel e entramos no estado de "El Toralín". Alí si que había ambiente... que gozada esta proba, como xa dixen o ano pasado, esto si que é unha proba grande.

Este ano non iamos picar de novatos e colocamonos, tal e como dixo algúen, en "iña de galgos", e dicir diante de todo... a técnica era sair a tope para coller boas posicións e logo xa a marcha poñería a cada quen no seu sitio. Da gusto verse alí, coñecemonos case todos... encontramonos cos Ultreia que tamén estan situados nesta liña e sacamos unhas fotiños de rigor.


Nervios, nervios... estamos moi adiante e teño a sensación de que tan pronto den a saida vanme pasar 1000 bikers por encima... pero case sen darnos conta xa estamos andando por Ponferrada ateigada de xente.


Os primeiros km transcorren polo centro da cidade. Xa comentaba o ano pasado o guapo que está rodar en pelotón, da a sensación de que estás no Tour, jejeje, ainda que este ano ao sair tan adiante tivemos que apretar bastante se non queríamos que nos pasara moita xente xa nos primeiros metros.



Moi pronto entrariamos en calor, e non polo sol que facía, senon polas primeiras rampas... bufff como se queimaron este ano, a verdade e que os primerios km foron moi duros, con rampas ainda que pequenas de un 15-20 % de desnivel... aquí xa cada un foise poñendo no seu sitio e así continuariamos o resto da proba. Josito e Arturo lanzados diante, Miguel perseguindoos, Marcos mais Eu uns postos mais atras e a Fran xa o perdemos nas primeiras costas.




A medida que van pasando os km o calor foise facendo mais intenso, o meu gps marcou de máxima 35º C, e as forzas van mermando... de feito no km 50 aproximadamente xa empezaron os calambres... buff e ainda o que quedaba. Dos de diante non se sabe nada e Marcos mais eu imos tirando como podemos, parando nos avituallamentos a estirar e comendo bastante para intentar aplacar os calambres.

Antes de comezar a gran ascensión do día, este ano tiñannos preparada unha sorpresiña, xusto onde se facía transición do Duathlón, en San Predro de Trones, unha subida criminal e logo trialeraza de baixada totalmente imposible de facer (de feito con toda a xente coa que falei a baixou andando)... eu creo que esta é unha das partes na que hai que mandarlle un "tironciño de orellas" a organización, non creo que fora necesario este tramo, ou de poñelo eu creo que sería necesaria unha alternativa.

Logo desto comezaría a subida mais forte, 12-14 km que ainda que tendidos picaban para arriba sempre, subese sen moito problema, pero os calambres xa fan mella e as forzas xa son menos.





A partir de aquí "supostamente" era xa todo facil. Supostamente, xa que este ano convertiron a parte final, na parte matadora da ruta... os últimos 20 km foron para morrer, para tiar a bicicleta, de feito, creo que moitos de nos (ou todos) rematarmos a marcha case por orgullo própio... Foron 20 km moi rompepernas con rampazas de locura... logo dunha outra, parecía que nunca ia rematar...

Outro cousa que reprochar a organización, este ano, foi o tema dos avituallamentos: non había platanos nin bebidas isotónicas. E a verdade, é que para facer estes ultimos 20 boa falta faría repoñer sales para volver a coller forzas.


Sen mais xa estabamos no ultimo tramo ao lado do río onde xa se presaxiaba a meta... a sensación coa que vin os últimos km era de non volver nunca mais a esta proba, pero xa se sabe, unha vez cruzas a meta cambiache o conto por completo e volve a alegría...

Marcos e mais eu reencontramonos con Miguel, Arturo e Josito, duchiña, e birras frias nuha terraciña e a esperar por Fran, que tamén o fixo genial, para case non tocar a bicicleta no último ano.

Mención especial para Simal (Xa o dixo Anxo, Ultra - Heroe) fixo posto 49 a pesar de perderse e de romper a cadea... vaia maquina

Por aquí deixo os nosos resultados:

Posto: 79 - Jose Antonio Gimenez Castro - Tempo: 07:06:41
Posto: 80 - Arturo Ferreiro Fernandez - Tempo: 07:06:42
Posto: 91 - Jose Miguel Andrade Suarez - Tempo: 07:17:49
Posto: 132 - Julio Mallo Nieto - Tempo: 07:43:23
Posto: 133 - Marcos Delgado Garcia - Tempo: 07:43:24
Posto: 366 - Francisco José García De Sousa - Tempo: 09:22:57

Para ver as clasificacións completas:  aqui

3 comentarios:

Anxo dijo...

Odio e reodio o tema Maratoning. Pero despois de leer esta crónica e a do ano pasado, non queda outra que deixarse levar polo espíritu aventureiro e ter en mente facer esta ruta para o ano que ven.

As fotos das paisaxes son incribles. Eso sí...De catro blogs que lin, todos acordan que foi DURÍSIMO. http://otrisquelcc.blogspot.com.es/

Noraboa a todos,especialmente os Ultra-cabras, e ó Cabra Towers que mantén ó artigo número 1 do estátuto das cabras"Ir sen entrenar a morrer, intentando pasalo ben" :)

Co que máis contento estou e con Yosimura, progresión sen límite e pronto seguinte víctima do meu acoso pa que asista as carreiras ;)

Moi boa crónica Julius :)
saúdos familia.

Oscarito dijo...

Boa crónica! Si que foi dura si, pero a min encántame esta proba. Mola moito subir con esas vistazas. O da trialera unha putada.

Tades coma motos carallo. Eu fixen 9:40 e con 3 horas parado... jajajaja xa son cicloturista a tope. Veña, vémonos este domingo na dos Ultreia!

Luis Cooper dijo...

Oscarito acojonan. Deixalos solos un rato e a que montan. Eu vou este finde de cicloturismo a Cantabria, seica hai unhas covas e non sei que máis...