SOPLAO 2013 "El INFIERNO CÁNTABRO"

Fecha: 18/05/2013
Destino: Cabezón de la Sal
Kms: 165
Asistentes: Arturo, Luis Casal, Julio + 15 Ultreias + 2 Triskel

O venres 17 as 14 hrs. era o momento acordado para partir cara terras Cántabras. En Pontepedriña esperábanos o bus, e nos como bos Ultreias, decidimos estar 15 min. antes por eso de ser puntualiños... jajaja, fomos os últimos da expedición! O tema e que amañamos as bicis no bus, subimos as equipaxes e despedímonos de Santiago cunha boa chuvieira, presaxio do que nos esperaba ao día seguinte?

A viaxe non tivo moita chicha mais ca os nervios de como sería o tema!! Preguntas aos "veteranos de guerra" e respostas que o único que fan e que te sinta mais ansioso... O soplao hai que vivilo, por moito que che conten...!!! so me quedo con un bo consello de Brandan: "Regulade ata o km 70 e a partir de alí caña ata o final"... que sabias palabras das que me acordaría eu mais tarde.



Sen moita mais historia e logo de 7 horiñas de bus chegabamos a Cabezón de la Sal con idea de recoller os dorsais!!! Aquí señores, é o primeiro momento para flipar!! Que ambientazo!! Xente por todos lados, stands de bicis, barritas, roupa, xente, e mais xente...



UNHA PASADA! Como podedes ver, xa só a carpa para recoller os dorsais é tan grande como o pavillón de Brión.


Sen deixar de abrir a boca polo estado de shock, recollemos os dorsais, damos unha volta polos stands, facemos algunha compriña de ultima hora e damos unha volta polo pobo. A verdade é que molaría ir con mais tempo para poder vivir estes momentos previos a carreira por alí! Xa vos digo, todo o pobo está volcado coa marcha. Imaxinádevos un sitio como Padrón, ou mais pequeno, cheo de bicis por todos lados... xa vos digo que hai que estar alí para velo!


Coas mesmas arrancamos para o hotel, pois xa ia sendo tarde, arrumbámonos nos cuartos e pitando para a cea... jejeje, bueno, esa comida que nos deron!!Vaia espectáculo de fulanos os do restaurante...!

Antes de durmir, os medos de sempre, choverá? de corto ou de largo?, "...temos que saír a dar caña, primo!!!" jejeje, como me comeu a cabeza Arturo. Eu que tiña pensado saír de corto e a regular dende o principio... acabei saíndo de largo e como un tolo dende o km 0.

Pasou a noite e chegou o día... o gran día! Segundo me comenta Arturo non pegara ollo, eu a verdade é que durmín como un neno... non me enterei de nada ata as 5:30 hrs. que tocaba o espertador para ir almorzar! (o de almorzar tamén foi un falar... vaia tipos os do restaurante).

Rapidamente despois do almorzo coller o autobús e volta a Cabezón, xa que queriamos estar na saída unha hora antes (as 7), non vos imaxinades canta xente había xa no sitio... pero aínda así collemos boas posicións para saír ben, eso si, a dous minutos do primeiro.


 A verdade é que a hora de espera ata que daban a saída as 8 pasóusenos rapidamente, aínda que a medida que pasaban os minutos aumentaban os nervios, sobre todo, cinco minutos antes da saída cando sona "Thunderstruck de AC-DC", buff... esto ponte como unha moto. Petardos, bocinazo e sen darnos conta estamos metido en materia. O que nos quedaba sería digno do nome que lle teñen a proba "O inferno cántabro"... e non lle sobra nada, vaia auténtico inferno.


Como xa vos dixen antes, Arturo e mais eu saímos a tope... eso que Brandan nos dixo que regularamos!!! Pasámoslle a xente arrancándolle as pegatinas... os primeiros repeitos logo se deixan ver, este ano segundo dixo a xente fixeran a saía mais dura para ir distanciando ao persoal. A verdade é que non teño sensación de dureza nestas primeiras subidas, en parte, porque como están petadas de xente (igualiño que no Tour), vas mais pendiente do ambiente que de pedalear...

A primeira nos dentes viría no km 20 aproximadamente... a temida subida de "La cocina", todo dios falaba dela, pero este ano (aínda que foi moi dura) non tivo nada que ver con outros anos xa que este ano estaba perfectamente asfaltada, ademais nos ao saír diante aforrámonos embudos da xente e ter que facela a pe, como fixo a maioría.



Logo desto viría a subida a "El soplao"... o primeiro porto importante do día. Este faríase sen moito problema, é unha ascensión por carretera serpenteante, con 7 ou 8 curvas moi chula. No alto o primeiro avituallamento e logo unha baixada chea de barro resbaladizo.



O segundo dos portos "O monte A", este si que sería duro con rampas que superaban por momentos o 20 % de desnivel, como sempre en todo o traxecto, cheas de xente animando, correndo ao teu lado, empuxándote... Non sei como describir este porto xa que non coñezo rampas dese calibre por aquí cerca... igual a de herba do muralla (pero terra, ou asfalto) o tema é que non eran técnicas, pero dunha dureza física incrible.



Na seguinte baixada a "Ruende" Arturo volve a soltarme, xa sabedes que eu baixando... e logo comezaría primeira ascensión importante "EL MORAL", onde volvería a pillalo. Pista ancha sen complicacións técnicas pero como toda a marcha ata agora, planchas dun porcentaxe incrible. Esta subida era de uns 10 km e de mais ou menos unha hora de pedaleo con unhas rampas ao final infernais... como sempre tamén, a xente espectacular incluso nos picos dos montes.


Unha baixada de uns 20 minutos ata "Barcena Mayor" (onde me soltaría Arturo e xa non volvería saber nada del ata a meta) e a subida forte do día "Alto de la Cruz de Fuentes" e "Ozcaba" practicamente 20 km de ascensión continua sen descansos e cun porcentaxe continuo de un 10% aprox. unha locura... as forzas van afloxando e a ascensión faise dura, pestosa e con sensacións que nunca vivira antes... incluso chegando a marearme en algún tramo! Aquí foi onde vin o límite, señores!!



Vista nubrada fixa no manillar e pedalear sen forzas ata o alto de "Ozcava" onde estaba o avituallamento que asaltei... buff como comín: cocacola, membrillos, bocata, pasteis, froita... estaba vacio completamente, aquí a miña noraboa a organización. VAIA AVITUALLAMENTOS, así da gusto... había absolutamente de todo o que vos poidades imaxinar. E a xente como sempre, espectacular, axudándoche a abrir as latas de bebida, pelándoche os plátanos... un 10 para a organización.


Logo ascensión forte, eu ia coa idea de que xa estaba todo feito, pero nada mais lonxe da realidade... aínda quedaba a novidade deste ano, un novo porto que se inventaron para acabar de matarnos... jejeje. A subida a "Negreo", uns 8-10 km de ascensión continua con rampas que superaban en moitos momentos o 30 %, imaxinádevos esto logo de 130 km, o meu GPS deixa de contar porcentaxe unha vez superado o 33% e non vos conto mentira se vos digo que deixou de marcarme neste punto... ademais, esta subida tamén tiña tramos técnicos... segundo palabras de Brandan: "o único chiste que tivo esta proba"... Costoume rematala pero sabia que unha vez arriba si que estaba todo feito... Os últimos km son por carretera, e a un ritmo infernal, as ganas de rematar son tantas que pedaleas o máximo posible para chegar a meta canto antes.

Na chegada, como en todo o percorrido, moreas de xente esperándote e aplaudíndoche... incrible!!

Ao final:
- Arturo: 11:08 hrs.
- Julio: 11:43 hrs.
- Luis Casal abandonou no alto de "El Moral".



Unha experiencia inolvidable que todo mundo debería facer unha vez na vida! Xa dixen varias veces, hai que vivilo... por moito que che conten non te farás unha idea hasta que te vexas nela.

Pola miña parte foi a proba mais dura, con diferenza, que fixen e tamén a mais bonita. Eso si, atopei o meu límite!

Despido esta crónica con unha das frases do fin de semana, que ainda me sigue retumbando na cabeza:

- Brandan Marquez (5º Clasificado, por diante de profesionais como Milton Ramos): "Pois eu fixen toda a marcha en plato, menos na subida a Negredo que tiven que cambiar"...

Este tio é doutro planeta.......

5 comentarios:

Anxo dijo...

Cando falei con Arturo dixo. "Palankiñas se ves trae clinex porque danche ganas de chorar co sufrimento"
Tamen me acordo cando me dician que os 101 eran máis duros que o Soplao jeje. xa me quedou claro cal é mais dura.
NORABOA PIRBULLS!!!! Po ano haberá que ir pero entrenando un feixe de maratóns antes para non morrer.

Moi boa cronica Julius!!

Toribio dijo...

Yo comparto la opinión de Jullius, esto es como una peregrinación para un devoto o el Rocío para un Andaluz... Hay que vivirlo al menos una vez en la vida.
Es muy, muy, dura (este año más) pero merece la pena.
Y poder hacerla este año con tantos buenos amigos y tan buena suerte con el tiempo, es un lujazo más.

Anónimo dijo...

Qe envidia joer.......gracias julius por pasar o traballo de facer a señora cronica....e felicidades....

ArturO.frOOme dijo...

joer, nn me manda os comentarios

moi boa cronica e fotos, aver se me pasas a ke salimos os 2...

po ano mais soplado jajajajajja

mpenedo dijo...

Noraboa campions!
So a decision de tomar saida en semellante proba e digna de admiracion