Destino: Castrelo de Miño
Kms:60http://connect.garmin.com/activity/309136956
Asistentes: Sr.Raúl, Sr.Pedro, Don Simal, Gonzalo, Manuel, Xisco Evans, Silvia Fullana, Menchó, Pitillito.
Leoninooooo, Menchóooo, Pernas Bonitas e agora o JATIÑO DE COMBATE DE ESTRAR!!!!!!!!!!!
Todolos alcumes pertencen o Ultra-Cabra, Denis Ameneiro que por fin saeu do cascarón para converterse nun Galo máis do corral Transgalaico.
Só me costou dous anos convencelo para que viñese ás carreiras...Xúrobos que ainda o teño na retina ca súa bici doble suspensión made in carrefour subindo polo Rubial. E claro, como non discutíndome que para que cambiala se lle ia caralludamente jejej.
O caso é que continuando ca historia, en apenas dous anos cambióu de bici tres veces, pasando pola súa famosa Talon, logo pola Orbea, rematando agora nunha Boamorte de 9 kiliños :)
CHISSSSSS PUMMMMMMM!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! O FOJETIÑO EXPLOTOU!!!!
Que contento estou por él a pesar da minutada que me caeu.
Conseguiu o posto 31º da xeral e 15º en máster30.http://www.magmasports.es/fotos/1367759528_Nhuf.pdf Un resultado incrible para un estreo nas carreiras. Ahora non quero agardar outros dous anos máis para volver a verte noutra matada destas jejej.
Grande Jatiño!!!!***Este sábado a rabuñar no Rally en Dumbría ehh***
Seguimos que hay kilómetros para teclear. Hoxe tocaron 60 con algunha sorpresa, coma o descubrimento doutra categoría no Clube.
Ata agora había: 1º-Pata Negras, 2º-A división nocturna de batalla, e semi-deportista que somos os Ultra-Cabras e logo, 3º Os Toupas. Pero a novedade son(Categoría Especial) os Ultra-Heroes, esta facción do clube capitaneada polo único integrante, Don Jesus Simal que alcanza esta distinción de Ultra-Heroe ó fusionar dúas Maratóns, os 101Peregrinos e o día seguinte facela Transgalaica 2. Case nada...Quédome ca frase que lle propiciou Brandán. "Simal, eres mi ídolo" e o meu tamén :)
Que de mala hostia estou, non entendo nada. Temos categorías por todos lados, cicloturistas, seniors, elites, máster 30/40/50 e que pasa cos MASTER 60????? É que a puta bicicleta ten idade ahora. Pois se e así acábome de enterar.
Mención especial a Don Raul Iglesias Rozas, componente do BTT ULTREIA, MÁSTER 60, o cal non foi recoñecido nin premiado na súa categoría. Metérono en Máster 50 e aínda así acadou a 6ª praza dos dez que compoñían a parrilla M50.http://www.magmasports.es/fotos/1367759599_l3Gz.pdf
Noraboa Raúl, para min eres un MASTER PELOTAS, e todo un exemplo.
Do Odio pasamos ao Amor.
Flipei Parrokia.
Despois de facer unha primeria volta un tanto conservadora, decidin darlle caña no puerto da segunda volta. A metade de subida escoito ruido detras miña, volvo a vista e vexo a poucos metros a unha muller. O primeiro que me ven ó pensamento é que esto non pode ser jejjeje, hai que acelerar que me chaquetean na taberna ó chegar á parrokia jajaja, e broma esta última parte....Pero....Acelerei un pouquiño, así entre nós volo conto jejje, e vaia...Pero se vou rápido, morrendo, e adiantando a xente ata agora que doume de conta que nin machismos nin nada, as feminas voan, é Susana Alonso ten alas, e folgos para darme. Dígolle que me matou e responde "Dale que vas bién" Continuo a roda dela o que resta de puerto e Dios mío, pisaba a lingua ca roda, falo de min ehhh que ela ia sobrada.
Foi gracioso cando me di subindo "Que vistas más bonitas" nin mirei cara a paisaxe, algo vira na primeira volta e sabía que o Miño estaba alá abaixo e supuxen que ahora tamén seguiría. Atendín ó meu manillar, e se eso de vez en cando erguía a cabeza para aprender todo o que poida destas galácticas, via os seus desarrollos e subía todo en prato, a penas cambiaba de piñóns namentras eu rebuscaba pratos e coroas onda non os había jajja. Para min o mellor da volta foi esto que vos estou a contar. Ata que unha vez que coronamos dime que pase diante. Non entendo nada, ela dime que baixarei más rápido, pero se acabo de levar unha tunda detras túa increible... Non me atrevo contesta. É unha trialera resbaladiza, e logo uns cuantos kilómetros de baixada. Aquí xa lle perdín a pista. Pero vaia lección aprendida :)
Nin rastro de Pedro Delgado, o meu Gurú das maratóns pasou de min ampliamente jejej. A idea era ir con él e ca sua experiencia, pero nin o vin. Saeu diante miña, e por dorsais a min tocoume cerralo pelotón. Contaba con remontar posicións pero imposible arrimarse á sua estratosférica 47º plaza. Noraboa Pedro!!!
Desta vez o Gañador foi Javier Busto Ramos, deixando todo aberto para a ultima proba en Paraños.
Agradecer a Gonzalo que nos levara a min e ao Jatiño de Combate. Moitas gracias.
Vémonos todos este Domingo na Festa da Bicicleta en Compostela.
Saúdos Familia.
P.D Simal estamos á espera do sobre ;)
9 comentarios:
moitas gracias Anxo.....felicitar a Pedro e a Raul qe non e broma.....a xisquiño tamen.....e sobre todo a Simal....e despois destacar qe o noso clube tubera unha gran actuacion sobre todo nos 101....foi un fin de semana moi completo para o club ultreia.....sempre mellorable....para a proxima ....saudos a todos
Noraboa Leonino.... GRANDE!!!!
Agora solo queda que te adaptes a estes novos retos... xa verás como vas dar que falar nas carreiras!!
Alegrome un montón tio!!! Sigue así de ben.
Por certo Menchó... repetimos a Betanzos ou que??? algúen se anima...
A verdade é que nos este fin de seman tamén sufrimos o noso nos 101 Peregrinos.... jejeje (non me quero acordar)... vou intentar facer unha crónica e a ver se a colgo maña...
Un saudo e noraboa a todos.
Graciñas Juliños....conta conmigo para betanzos....avisame...e nos 101 xa me contaron qe o fixeches moi ben.....
Non me olvido dos que fostes ós 101 peregrinos.Enorme Ángel Pais con esa terceira posición loitando ata ós últimos metros pola segunda praza, con caída na lucha inclusive. E de 5º O amigo de Menchó Diego "Trevinca" máis compañeiros de entreno ten o noso Jatiño de combate no Podium, como e o caso do Líder. Así voa o pernas bonitas jejej.
E satisfacción máxima por vos, polas ULTRACABRAS alí desprazadas, Arturo e Yosimura clasificados nos 80 primeiros. Vaia makinas si señor. NORABOA A TODOS.
PARA ESTE SABADO XA SABEDES, doblamos turno, Sábado Xc Dumbria, Domingo ICompostela.
Saúdos familia.
Anxo non sexas tan modesto que ti tamén fixeches bastante e vales ainda máis...Saudiña
Denis,o dia que coincidamos vas ter que pedalear cas orellas pa poder ir tan amodo coma min.
entre o teu salto de calidade e a miña caida libre de forma a cousa vai cambiar moito a cando saiamos xuntos.
espero que comprobaras que nas carreiras non comen a ninguen e te animes mais amenudo.
o de Simal a min non me sorprende,xa fai moito que me din conta de que este tipo non e como o resto de mortales.
.......porsupostisimo qe Anxo vale ainda mais....claro qe si....defeito demostraselle todos os dias cando salimos porqe todo o mundo qere contar un conto con el....toda a xente qe o coñece sabe qe un chaval do melloriño....non fai falla recalcalo porqe todo mundo esta en contacto con el.....un pouco peteneras pero e parte do seu encanto como persoa ja ja ja ..... e contase con el para todo porqe con el as saidas en bici son mais amenas e divertidas....................PD-ANONIMO OLVIDOUSECHE O NOME...JA JA JA ....asi Anxo non che pode dalas gracias.....non teñas vergoña home....qe somos todos amigos.....saudos
hombreeee señor Ces......qe tal....si home eu sei qe eres un pata negra ja ja ja ....espero qe te recuperes rapido da tua lesion....e qe volvas a estar como estabas....levavas unha progresion increible....defeito ainda eres o gañador da cronoescalada dos oeas e do criterion......este ano tes qe conseguir volver a repetir triunfo....vemonos
pois vanse ter que inventar algo no que triunfe,porque desdelogo contra o reloxo non son o que era.
con esto non pretendo escusarme por adiantado,neste mundo esta claro que si non entrenas non estas ahi diante,e a xente puxose as pilas moito.
cousa da que me alegro,cando vou a unha carreira ou a unha marcha gustame que a xente destacada sean coñecidos.
a seguir asi maquinas.
Publicar un comentario