Trialeras day

 Fecha:01/02/2014
 Destino: 3Picos, Meda, Rubial
 Kms:60 Ruta
 Asistentes: Robe do Xisto, Yosimura, Pernas Bonitas Menchó, Palanquiñas Absalón :)

Vaia meneo e que ganas de meneala. Estaba saturado de bicicleta estática, olores de ximnasio e ruidos de mancuernas petando no chan. Por fin unha Ruta por fora e con Denis como guía.
Coido que é pa dicir que hoxe vin mundo na bicicleta. Sempre que ia de camiño a Padrón en coche mirei os montes da Picaraña, dende os típicos pinchos dos 3 Picos ata o Meda, pero no medio queda un penedo enorme por descubrir. E que bonito é cando saen as cousas sen Planificar.

Son as dez da mañan e xa estamos no Xisto rescatando ao Robe, pois as xiringas e os métodos de entreno tan acabando con él, tou por pensar que hoxe entre o vento e os seus 40 kilos de osos Voaba!!! Ten sorte que leva unha boa ancla de bicicleta e de vez en cando non se separaba moito do chan ;)

A quedada ou non quedada co resto do Clube Ultreia quedou en standby. Ninguen se pronunciou o día antes de sair excepto as cabritillas e ao parecer alguns wasaps de última hora. E claro no combate, mountain bike vs wasap, As Cabras derrotan a rede social, e ningun de nos levou o mobilete ó monte. Conclusión, esperamos preto de dez minutos na Picaraña e descartamos o Xesteiras como animaliño de compañía para esta mañanciña.

A problemas solucións sácanse. E que mellor maneira de escorrentalo frio que subilos 3Picos.

O ritmo vai na conversa, e cando non se oe un chío estamos coronando o segundo Pincho. Aquí si que entraría o famoso Knocking on heveans door dos Guns. E que coronar este pincho ten o seu encanto, toparse con esta casiña aqui arriba...
Dou para bastante este primeiro porto do día: matalo frío, animarse, comer algo e unhas fotiños de rigor. E como todo o que din que sube ten que baixar, houbo que tirarse e facer un examen de técnica nesta primeira trialera. Vaia risas :) :) Isto non é a estática, vaime a queixada coma a de kate Moss, abaneo cara todas partes, a bici vai por onde quere, nas curvas parece que tou guiando un trailer e a duras penas conseguimos solventala situacion os catro fantásticos. Porque dame que non sólo son eu o  que segue daquela maneira os Planins e Metodos de entreno. Diante miña na trialera pudose ver coma o rodillo fai estragos na técnica da xente.
O segundo plato no menú é o Meda, Leonino fai de guía e xa non ten secreto o enlace 3Picos-Antenas.
Logo se chega no que ven sendo este día de subir e baixar trialeras. Coronamos as Antenas e ahora ven o que para min foi o mellor do día.

-CAPÍTULO PENEDO- VERSÍCULO SEGUNDO- DAS LECTURAS DE MENCHÓ AS TRIALERAS-

Como unha experiencia religiosa, ahí están os dous camiños da vida e Dios supuestamente arriba. Pois tal cual, duas entradas para subir esta plancha do 30.9% Plancha Penedo Denis ven detras miña e dime que ascenda pola da dereita e claro en canto volvo a vista el vai pola da esquerda, este detalle é interesante non creedes???? jejejjeje. Seguimos subindo e nos camiños da vida moitas veces hay que cagarse e ter tamen algo de sorte. A primeira zona súbese ben pero pronto comeza a poñerse vertical e as pedras vense cada vez máis grandes, unha canteira vamos, destas subidas que sabes que vas poñelo pe ó chan pero que tentas de avanzar un pouquiño máis. Nesas estaba eu, pero xa vexo ó lado a  Dougie Lampkin á par miña pero el pola súa opción da esquerda, vaia risas ahora que o narro jejeje. Debeu baixarlle unha marcha a sua ktm malamorte e comeza a jatear coma bo michiño de estrar, eu fago o mesmo porque o asunto resulta que a bifurcación do principio vai rematar nunha única trialera final e quen chegue de último a eses metros vai ter que facer moitos equilibrios para aguantar o ritmo do que vai diante e por suposto a pequena deshonra de quedar de segundo ou o que é peor PENALIZAR e poñer pe ó chan.

Supoño que intuiredes polas miñas risas que o primeiro en saudar o Dios do 30% foi o Peteneras Absalón jajaja. Eso si o meu Dougie Lampkin argumentou que a miña opción da dereita era máis doada que a sua jejej. Será por estas cousas que lle quero ben o Leonino, e porque sei que hai turno de réplica na proxima aventura ;)

Volvemos outra vez a Lampai e baixamos o Terceiro pico, rajo o tubeless e aquí na espera da reparación
comeza o típico salsa rosa das cabras, as rajadas e navalladas van polo aire, caenlle a todo mundo, presentes e non presentes. Sempre a tono humor e a nivel pique tamén. De feito a partir de aquí, o ritmo foi in crescendo dereitiño a última tonalidad do día "O Rubial"

Das risas de baixada, pasei a vagoas na subida, desviámonos na parte gris do Rubial para subir pola dereita por unhas trialeras nas que vin a morte. Outros tiñan ganas de regurgitar.
 Yosimura e eu somolos rivais máis débiles, descolgámonos de Arturo e Denis que van diante falando e a verdad que moi sobrados fisicamente frente a nós.

Arturo achaca ó frio o noso malestar pero o que eu vou é: Pajarito playas 5- Peteneras Absalon 0 

O caso foi acabar e desfrutar dunha Moi Boa Ruta. Botouse de menos a máis Cabras: Txus, Julius and company. E tamen o Autobus da excursión de Diego Sotelo. Haberá máis días.
Saludos Familia.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Por fin.......outra cronica do sensacional peteneras.....je je je je, mira que me rein , e seguro que toda axente que a lea, un saudo a todos.

gulli dijo...

Vaia elementos.... xa fai tempo que non quedamos para facer unha rutiña...

Anxo dijo...

Gulli, estuven apunto de facer unha intentona de ir a onda vos despois de coronar meda e 3 picos, ca idea de facer épica a volta e coronar tamen o Xesteiras, pero o día estaba que si sol que si trevoón e o final creo que fixen ben en non ir...Pois no Rubial xa o da jadaña andaba atras miña :(

Queda para outra que teño moitas ganas de sair con vos. Por certo o maraton típico voso que fixeramos o ano pasado xa se fixo????

gulli dijo...

Fixeches ben non vir, pois o sábado fixemos unha kilometrada de 71 kms subindo Meda e baixando ata pontevea e logo facer un tramo da ruta do salmón da Estrada para rematar subindo Xesteiras...
Íamos ir este pasado sábado a facer o camiño dende Ferrol a Santiago pero polo mal tempo deixamolo para principio de marzo.
Así qué para o mes que ven cando o fagamos, xa sabes.

Anxo dijo...

Eu teño ganas de facela volta o barbanza, a de coronalos pinchos da outra vez:Muralla, San Lois, Curota...