CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE PONFERRADA

Despois de darlle moitas voltas e de buscar datas, decidimos facer o camiño Francés dende Ponferrada (210 km).

A idea é marchar o venres 28 de Outubro sobre as 6 da tarde (en autobús ou furgoneta), facer noite en Ponferrada e comezar o camiño o sábado. As etapas sería as seguintes:

SÁBADO 29 DE OUTUBRO: Ponferrada - Triacastela: 73,60 km
DOMINGO 30 DE OUTUBRO: Triacastela - Palas de Rei: 65,70 km
LUNS 31 DE OUTUBRO: Palas de Rei - Santiago de Compostela: 67,90 km

Ata agora hai un grupo de 7-8 persoas interesadas entre os que nos atopamos Trigo, Marcos (Poli Local) e máis eu.... todos os que esteades intesados podedes comunicalo enviando un correo ou deixando un comentario aqui!

Imos levar unha furgoneta de apoio polo que non será necesario cargar con alforxas nin nada parecido. Os gastos corren por conta de cada un (comidas, ceas, albergues). Hai que contar co gasto do autobús do primeiro día que dependerá da xente que sexamos.

PODE ANOTARSE CALQUERA… ANIMADEVOS !!!

2 comentarios:

Anxo dijo...

Todo iba perfecto menos la parte de los gastos que corren a cargo de cada uno jejeje, pensé que podría ser algo subvencionado por el concello jijii. De todos modos es tentadora la oferta!! Me lo pienso y me pongo en contacto con vosotros. Muchas gracias Julius por publicar estas iniciativas en el blog. Saludosss!!!

Luis Cooper dijo...

Estou saturado jejeje xa me chegou ahí atrás, se vos fai falta algo dádeme un toke.
Mal o planing! O Pulpo?? Parade en Melide! pouco máis é! e ides a Garnacha a comer o pulpo, ser guiadiños ohh e mo agradeceredes jejej