RUTA DA CAMELIA BTT: o mundo ó revés

Fecha:27/02/2011
Destino: Ruta da Camelia BTT polo Val do Ulla
Kms:39.50 km
Asistentes: Txus, Josito, Pancho, Anxo, Daniel Recioy, Luis Casal, Marcos (Poli Local), Miguel (Garda Civil) + 1 amiguete e un servidor

Ás 7:30 foi a hora acordada para quedar na base de protección civil de Brión, e a verdade e que me sorprendeu ver que ás 7:34 (hora a que eu cheguei) xa estaban CASE TODOS alí esperando para cargar as bicicletas na furgoneta… e digo CASE TODOS porque en todo bo evento que se prece sempre ten que faltar alguén, e neste caso o que faltaba era Panchito… logo de chamadas e de cargar as bicicletas (non sen algún problema), decidimos ir almorzar ó Ventos, xa que aínda sobraba tempo para arrancar, e de paso recolliamos o susodicho.

Creo que a estas alturas da película aínda non dixen que iamos, pois desta vez xuntámonos unhas cantas cabras: Txus, Josito, Pancho, Anxo, Daniel Recioy, Luis Casal, Marcos e un servidor; logo alá na Ulla tamén se nos uniron Miguel (Garda Civil) e outro colega deles.

Unha boa expedición para un dia que se facía querer, o primeiro con moito frío pero o sol comezaba a asomarse e quedou una maña caralluda para andar en bicicleta. Entre tanto e logo do café xa mencionado, arrancamos para a Ulla… e creo que saímos a hora xusta, porque cando nos chegamos había xente, pero non demasiada, e tan só 15 minutos despois no aparcadero que a organización habilitara xa non había onde meter un coche.

Recollida de dorsais, cambios de roupa, quentamentos cativos… e sen darnos conta xa estábamos baixo o “globo” de saída esperando a que botaran as bombas para arrancar; a saída estaba prevista para as 9:30 e viñemos saíndo bastante puntuais, sobre as dez menos curto aprox.

Dicir que aínda que na saída non pareciamos tantos… a medida que iamos andando e botabas un vistazo atrás flipabase coa cantidade de xente que alí se xuntou, eu cheguei a ver o dorsal 426…

O primeiro tramo por carretera, e xa se divide o grupo, Txus e Pancho tirando diante, Josito, Anxo e mais eu tentando seguirlle o ritmo, e o resto do grupo bastante detrás (que ben fixeron quedarse, os outros rematamos pagando o esforzo de seguir aos PRO). Logo de un par de quilómetros por asfalto, primeira aventura, Anxo pincha… e claro, sen cámara, sen bombín… eu que ia ao seu lado, déixolle a miña cámara e o bombin case sen pararme, pero perdendo tempo suficiente para que os tres sprinters me sacaran como 100 metros de vantaxe que xa non daría recuperado en toda a ruta.

Logo desta descolgada, e con Anxo tirado, sigo eu solo durante un par de quilómetros, os suficientes para que o grupo que viña máis atrás me dera caza, vexo pasar a Luís Casal, Marcos, Miguel, e mais o outro rapaz… e segundo comentan ían bastante ben… e acabo por unirme a Daniel Recioy que viña marcando un ritmo máis que aproveitable e no que me fun sentindo cómodo.

Hai que dicir que a ruta estivo perfectamente organizada, loxicamente con cousas que todos cambiariamos, por exemplo a cantidade excesiva de asfalto; polo resto a foi transcorrendo por camiños amplos con un par de baixadas e subidas técnicas (sobre todo a do km 11… que jodida foi eh?)... e unha tónica xeral que nos acompañou todo o tempo: o continuo sube - baixa rompepernas que fixo que unha ruta, que en principio se supoñía sinxela se convertera en moito máis dura do esperado.

Despois de sufrir un pouco máis chegabamos ao avituallamento, que por certo, estivo xenial, acuarius, auga, palmeras, platanos… moi abundante todo. Chegados a este punto reagrupámonos un pouco, todos menos dous, os PRO, Txus e mais Pancho xa acababan de arrancar cando nos chegamos, comemos algo, bebemos e seguimos a ruta.

Os camiños volvían a ser anchos e con moito asfalto outra vez, nesta segunda parte os sube – baixa eran moito máis jodóns… Decir que arrancamos do avituallamento todos xuntos, pero pouco a pouco a xente foise descolgando… agora si… esto comezaba a convertirse no MUNDO Ó REVÉS: Anxo quedába atrás totalmente bloqueado, logo do esforzo feito na primeira parte da ruta xa que despois de pinchar veu a tope para intentar pillarnos, Josito tamén ia fatal, segundo dixo, pola falta de rodadura… e por diante eu, que cantos máis quilómetros ían pasando mellor me atopaba. Seguimos pedaleando e volvo a atoparme solo, Dani Recioy diante con Luis Casal, Marcos e Miguel, esperando no avituallamento polo compañeiro que ainda non chegara, Josito e Anxo totalmente descolgados… As últimas rampas (de asfalto) son as que rompen por completo a xente… Dani quedase e Luís tamén, eu polo contrario vou máis crecido… ao final chegada a meta en solitario, onde Pancho e Txus estaban esperando xa dende facía uns 45 minutos (bufff…. que máquinas de tios) detrás miña entraba Dani Recioy, Luis Casal, Marcos e Miguel, Josito e xa cando pensabamos que estabamos todos, ¿ANXO?... apareceu como media hora despois… PENSEI QUE MORRIA… … jejeje, a verdade e que darlle tanta caña na primeira parte da ruta deixouno bastante tocado e despois do avituallamento veu fatal, e, segúndo nos dixo, logrou rematar gracias as chocolatinas de algún “amiguete” que fixo polo camiño… en fin O MUNDO O REVÉS.

Logo desto, cada un con quen puido, alguns marcharon para a casa e outros quedamos ó sorteo (por certo, no tocou nada). Por último, unhas tapiñas en Bertamirans.

En fin, que xa me liei demasiado, eu paseino genial e o resto creo que tamén… a ver se hai outra pronto e repetimos.

10 comentarios:

manueldetopete dijo...

OLA, de casualidade topei este blog. Invadindo a vosa intimidade blogueiríl lin o artigo sobre a RUTA DA CAMELIA á que tamén asistín. Noraboa polo blog. Está ben ter outra visión dos quilómetros pedaleados!
www.manueldetopete.blogspot.com

txus dijo...

antes de nada, benvido manuel e arrimarte por estos andurriales, sempre e agradable q xente d fora( do noso grupo m refiro) s interese un poukiño polo q facemos, asi tamen ns vale para saber q nn estamos tan kabras komo pensamos, je je; a pena foi q nn hubeses escrito antes para vernos na marcha.......... pero emplazote para a proxima. kambiando d tercio, vaia estreno julius, joder parece q levas 3mil cronikas q tio, q estilo, q freskura, q dinamismo, jeje, en serio , moi boa cronika d puta nai, creo q a partir d ahora t van a enmarronar para moitas mais, ahhhhhh, s siente. vou facer unha pekena critika, eso d pros.....nn m akaba d gustar, e creo q os q son pros verdade, a nive amateur,( a esos darialles a risa do kalificativo tamen). eu pretendin ir o maximo tempo xuntos posible........pero a miña experiencia dime q kon tanta peña.......... eu ata o avituallamento fun relativamente komedido, despois nn, realmente logo dinlle todo o q puden. a ti julio decirche q m sorprendeches d karall........ xa m entendes, animote a q sigas asi xa veras komo t vas a reflipar a ti mesmo o marxe d mellora eh............... moi,moi grande. os demais dani( tamen moi ben, desayuna pitillos e kañas e chega komo un principe...... si se chega a kuidar.....) luis....... e todos os demais os q nn koñezo os nomes pois eso q a bici esta d puta nai e kon boa kompaña e bo tempo ................. nada mais; a si, q pancho e un puto besta( a bici d felix kedaballe pekenisima e o muelle nn estaba preparado pa esos kilazos do gran bufalo) e ainda asi fixo un tempazo e entramos os 2 xuntiños, e permitide q m ria jjjjjjjjjjjj, anxo, komo decilo sin ser soez y vulgar, a xustiza poetika s kobro lo suyo, nothing more. marcho q meduda chapa soltei. bks fresas

pancho dijo...

gracias por ese nome que nos chamades, pero, penso que lle quedaria mellor en galego,
OS "ANDAADIOS" ja,ja,ja,ja
agradecense os piropos, pero son da opinion de txus, somos do monton.
tubo todo moi ben,en xeral, menos o que estades todos pensando, os camiños podian ser un pouco mais de monte e menos pista da parcelaria, e pistas de asfalto, sobre todo de asfalto que foi o ke acabou un pouco ca moral de moitos participantes.

agora digovos unha cousa
SEGUIR ENTRENANDO... PORQUE....


HAI QUE IR A VIVEIRO, O DIA 20 DE MARZO, MARCHA DE 40 KM, E MARATON DE 65 KM, 24 EUROS DE INSCRICCION OS NON FEDERADOS, OSEA , NOS.
Mais ininformacion en www.pclar.es

Anxiño: comprate por lo menos un par de camaras(antipinchazos), y unas chocolatinas, juo,juo,juo

veña vemonos nas tabernas e falamos

Luis C dijo...

Boas!
A verdade e que pagou a pena madrugar o domingo, podia estar mellor o recorrido pero o pasei de puta nai igual.
Esa de Viveiro estaba ben, seica é bastante durilla, coñezo a xente de alí e din que e te cagas nas subidas.

Ir a Viveiro son 2 horas e algo, haberia que sair as 6 da mañán ou durmir alí a noite anterior, e un puto coñazo ir! Eu teño familia alí teria que preguntarlle o que compensa facer, eu ainda fun este verán ata alí.

Un sauuuuuudo

Anxo dijo...

Hay que darle las gracias a Julius por darnos a conocer esta ruta y a Recioy por el privilegio de disponer de la furgo para llevar las bicis.
La ruta fue diferente a las de siempre,tenía más llanos y repechos de lo normal, pero a mi aun pasándolo bastante mal me gustó. Se podía rodar rápido y no es mejor ruta la que tiene una super plancha o una trialera infernal, los caminos de monte eran bastante anchos y había tramos de carretera pero para rodar estaba bien. Mi problema fueron los pinchazos e intentar remontar y volver a pinchar...Sufrí de la host..pero bueno, haber si es eso cierto de que "EN el sufrimiento está la mejora" eso espero.
De esta marcha se podrían hacer varias crónicas, la del dueto de adelante, la del grupo intermedio y la del solitario Anxo haciendo amigos. Para no pisar esta cronica de Julius,el finde os cuento las vivencias de la cola del pelotón...

Anónimo dijo...

Que pasa cabritiñas, vense algo de rencillas nos comentarios...andan as cuchilladas no aire. O meu punto de vista e que a ruta en si nn deixou indiferente a nadie, ven polo perfil (que nn sei onde ta o parecido ca realidade), ven por os moitos km de asfalto ou ven por esa xente que trae unhas chocolatinas para meterlle algo o corpo e inocentes, acaban por darllas o primeiro lagrima que pasa.....(lease anxo)... para min estivo mais que ben, despois de un ano sen ver pedal e co desayuno de campions que acostumo, nn m vin tan mal...claro que calquera vai detras dos "andaadios"...quiza algun dia. un placer rapaces e nn vos raio mais...vemonos nos camiños ou nas tabernas + seguro..
un saudo recioy..

FELIX KING dijo...

Moi boa crónica jullius...unha pena non poder ir..vendo tanta afluencia de cabras..a bo seguro que deixastes o pabellón altisimo..no tema de..(Pros..andaadios..jaja)..creo que o que teñen estés 2 contadores e moitos mais kms nas pernas de entreno por iso van sobrados,así que para intentar ir a par deles habera que dar mais pedal entre semana..e despois ter un bo dia que ña bicicleta nunca se sabe(ai esta Anxo para contalo...jaja)..espero que Pancho non me acostumbrara a bici a ir a tope..que ahora vaina coller o matao do dono outra vez..jaja..nada mais...ahhhhh si,estou mirando o das pegatas para as bicis..supoño que todos a queredes..pero se me podedes decir o cor ou cores que queredes mellor..Ideme decindo por aquí se podedes..haber se viernes as encargo..un saudo!!!!

JoRy dijo...

ola veciños¡¡¡

Ahora que estades tan activos invitámosvos ó noso evento: O II CRITERIUM MONTE SAN MARCOS este domingo día 6 de marzo.

TODA A INFO AQUÍ:
http://osesfolaarros.blogspot.com/2010/02/informacion-provisional-de-la-prueba.html

Contamos con vos ehhhhh veña que seguro que o pasamos genial.

Un saúdooo

Anxo dijo...

Yo sinó hay ningún imprevisto voy.

Félix para mi LA PEGATA EN AZUL please!!!

JoRy dijo...

animaros más cabras que el día va a ser de los chulos chulos para la BIKE.

Y habrá sorpresas al finalizar....