Destino: III RUTA BTT RIO ULLA - CONCELO DE TOURO
Kms: 56,50
Asistentes: Denis, Luis, Miguel Blanco e Julio
O pasado sábado día 16 desprazamonos catro cabras para ir facer a III ruta do rio Ulla de Touro, ás 14:30 foi a hora acordada para sair, cargamos a bicicletas e tiramos para alá... O camiño sen incidencias, unha vez aparcado o coche, preparar monturas e poñerse de gala coa roupa oficial... Sen mais e vendo que o tempo se nos botaba enrriba decidimos ir polos dorsais. Como sempre (ultimamente coñecemos a moitisima xente) saudos a todo o mundo... os Esfola Arrós, os de Cesures, Miguel Penedo, etc...
o Team concentrado antes da saída
O ambiente era cojonudo, moitisima xente, según nos dixeron mais de 500 e a ruta, en principio, totalmente rodadora (logo descubririamos que do dito ao feito...). Ademais notábase que ia ser unha moi boa ruta... non me digades porqué, pero cando a ruta é GRANDE eso xa se nota antes de tomar a saida.
os veciños "os esfola arrós" tamén tiveron representación en Touro
A verdade é que a saída foi impresionante, aquí cabe dicir un pouco o de sempre, a puntualidade. E tampouco digo que sexa problema da organización, tamén os participantes deberiamos poñer mais da nosa parte para que a saída se efectura a hora sinalada. Como vos dicia, situamonos na liña de saída, e cando digo na liña foi literal, a verdade e que se gaña moitisimo saindo diante... eu non ia con intención de quedar nos primeiros postos, pero xa sabedes como é Denis...
nesta foto podedes darvos unha idea da xente que había
Denis e Miguel en primeira liña listos para atacar
Efectuada a saída, os primeiros 2 km eran neutralizados dando unha volta a Touro, a verdade e que estivo ben, a xente saiu as ruas a animar e sempre mola ver ese bo ambiente, xa aquí se notou a reacción de Denis que se situou diante do pelotón para non deixalo ata case o final da ruta. Eu tamén fun tirando e seguinlle o ritmo ata que volvemos a pasar polo arco de saida, onde xa deixaba de ser a marcha neutralizada.
Nos primeiros km neutralizados Denis xa buscaba posicións
A partir de aquí monte, e monte do bo, a verdade e que a organización currouse ben o percorrido. Os camiños eran moi ratoneros, incluso tiñas que facer números moitas veces para non levar por diante algún carballete que había no medio dos sendeiros. Ata o km 11 todo era cara baixo, aquí eu xa perdera dende fai bastante tempo a Denis que ia diante e a Luis e Miguel que quedaran atrás. Como dicia a primeira parte era todo baixar, eu xa nestes momentos non tiña boas sensacións na bici, as pernas non ian e o pulmón tamén me fallaba, ainda así ataquei na primeira subida forte que había mais ou menos no km 15. A partir de aquí foi unha loita encarnizada, o meu corpo contra a miña cabeza, había tempo que non sufria tanto encima da bicicleta... En parte isto debeuse a que case cheguei ao punto de desidratarme, levaba un botellín solo que debín acabar no km 8 e logo ata o avituallamento no km 24 non probei mais auga, entre o calor e o mal que ia pasei moitisima sede, e os sintomas ainda os notaría moito despois.
Aquí quero facer outro "tirón de orellas" a organización, vale que era gratuita e vale que cada un ten que ser consecuente consigo mesmo, pero os avituallamentos, polo menos a bebida foi moi escasa (so che deixaban coller un botellín pequeno por cabeza). Calquera dos que fixemos a ruta puidemos ver moitisima xente acalambrada por culpa da desidratación.
Menchov sen inmutarse
a primeira subida forte xa me deixou tocado para toda a ruta
Polo resto a ruta genial, era moi rompe pernas, con subidas pequenas pero bastante fuertes. Os camiños ao lado do rio guapisimos, para min foi das mellores as que fun, pena de non ir en mellores condicións. Eu seguia pedaleando como podia e foi a partir do km 30 mais ou menos onde empecei a pagar as consecuencias da falta de auga, a verdade e que ia coa lingua polo chan e por encima chegados a este punto había un tramo que non era ciclable e había que botar pe a terra, momento no cal se apoderaron de min os "calambres"... bufff, parecia que tiña cocodrilos mordendome as pernas, había tempo que non o pasaba tan mal... Mal como puiden fun tirando e logo de estirar un pouco seguín pedaleando, aquí foi onde tiven a inxección de moral necesaria para seguir (estiven tentado de abandonar varias veces)... un dos garda civiles que estaban controlando o tráfico soltame "Animo chaval que solo levas 72 diante". A verdade e que é unha pasada como poden chegar a motivarte unhas simples palabras, e seguin tirando coa intencion de que non me adiantara ninguén mais.
Pero a motivación durou pouco xa que na parte final da ruta teríamonos que enfrontar a plancha mais grande de toda a volta, unha rampa de uns 3 km que me acabou de fundir, tiven que poñer moliñillo e case que rematar a ruta sen cambiar... ainda así solo me pasaron os amigos de cesures que debian ser uns 10... entrar nos 100 primerios de 500 e pico tampouco está mal para min, a verdade e que quedei moi contento...
Chegando ao coche para ver que fora do resto do equipo, atopome a Denis bastante jodido tamén, el tamén tivera problemas pola falta de auga e ademais quedando un par de km para a meta e indo de 3º perderonse e volveron a facer parte da ruta... uns 10 km mais de balde.
xa vedes a cara de PRO que me quedou na meta jejeje
Eu estaba totalmente dolorido e con bastante presa polo que xa nin nos duchamos nin esperamos por Luis e Miguel (a verdade que o sinto, pero tiña moita presa)... co cal non podo contar nada da súa experiencia.
En conclusión a ruta un 8 so cabe mellorar os avituallamentos, algo a sinalización e a puntualidade na saida. Polo resto para min personalmente, pareceme unha das mellores rutas as que acudín, ademais logo entereime que me tocara un finde nunha casa rural... que mais se pode pedir?
A PRÓXIMA A RUTA DA AUGA DE BETANZOS... QUEN SE ANIMA?










15 comentarios:
Gracias pola cronica Julius.......e moitas felicidades polo premio jijiji....paseino de maravilla....e ti ultimamente xa eres un fixo nestas marchas.....xa te coñece todo dios...je je.....pedirlle disculpas a Miguel e a Luis por non esperar....pero qe tiñamos mogollon de prisa.....aaaa e gracias pola camiseta luis....dia bonito de bici....saudos....e pa proxima mais e mellor
Pagado y apuntado para la Ruta del Agua. Esa ruta tiene para todos los niveles, desde la pequeruta hasta la maratón. Estoy dudando entre dos recorridos, todo se andará.
Vivan las rutas por debajo de los 30 kms¡¡¡ Este sector se esta profesionalizando hasta para dar un paseo. Joder, la gente tiene un trabajo en la bici o que?. Lo mio es para el tiempo libre, un día os invito a vivir la vida desde otro punto de vista. Ese día que tenga algo de tiempo libre, os llamaré. Si no puede ser antes de la ruta del agua, allí nos veremos durante los primeros metros.
¿Quién de vosotros tiene lo que hay que tener para aguantarme el ritmo? Espero vuestra compañía para hacer la pequeruta, ¿o por menos de 80 kms nos os ponéis el casco? Si me encuentro con vosotros, me caereis mal? Os daré aguantado vuestras batallitas? Ufffffff
PD: estamos de vuelta¡ Que tal os va?
joder, si fala o presidente e outra cousa,eu tamen estou apuntado a ruta da auga pero non teño claro que ruta facer todo se vera cas sensacions, e por suposto estou co presi "FORA COS PROS"Julio incluido que xa eres un deles.un saludo JOSITO:29er
xa non leo nin a crónica que me canso...joder que mal, fatal, perdín moita forma, deberia de ir moito mellor.A auga me apunto! Pero esta a preparo.
Javita, non podo cos guevos....estou moi mal
asi me gusta... que a xente se manifeste a ver se para a RUTA DA AUGA somos un bo número deles... eu apuntome a facer a ruta en grupeta que son as que molan...
Moito PRO si oh!!!! xa colgarei dentro dun pouco unha foto xa veredes que cara de PRO levaba... jejeje, que mal o pasei...bufff, aquí o único que está intratable e Denis que está feito un máquina
Leo sufrimiento, velocidad y más sufrimiento hasta llegar a la deshidratación!!! Mountain Bike como te quiero jejeje.
Aún no habemus velocipedo, pero creo que para el mes ya habré llegado. De todos modos y de verdad lo digo, estoy algo acojonado de salir con los "Pros" mi estado de forma es lamentable y creo que lo mejor serán unos entrenamientos en solitario e ir cantando con el Negre por las rutas de treinta o de menos kilometrage. Ya sabes, Montes y montes hasta que rebentemos!!!
p.d pronto en sus mejores terroeiras.
Ahhhh y como no felicitar a Juliusss por dar vida al blog con las crónicas que está haciendo. Se agradece leer mountain bike y saber que sigues progresando.
MIGUEL:
DECIR QUE JULIO ADIANTOUME SOBRE O KM 18-20 CANDO PAREI A MEXAR NUNHA PISTA
QUE HABIA DESPOIS DUN REPECHO, DECIR QUE TAMEN ME PERDIN NO MISMO SITIO QUE DENIS, IMPOIBLE VER A SEÑAL DESPOIS DE UNHA BAIXADA RAPIDA (A SEÑAL ESTABA NUN ARBOL A CASE DOUS METROS DE ALTURA) E PASOUME O MISMO QUE JULIO, VAIA REPECHOS DE ASFALTO DESPOIS DE ESO TAMEN LEVEI O MOLINILLO HASTA META, TRANQUILOS NON IMPORTA QUE MARCHASEDES EU ESTIVEN DE CHACHARA CO ALCALDE XA QUE E CUÑADO DO MEU MELLOR AMIGO, COMENTANDO A XOGADA E O QUE SE PASARAN COA DUREZA ESTE ANO, E TAMEN O DA AUGA (EU RINDOME DE PANCHITO CO SEU SUPERBIDON DE 1L) BOA MARCHA PERO ALGUN PUNTO MELLORABLE (EU O FINAL FIXEN 54KM CUNHA MEDIA DE 12.6KM/H)
Ahhh este sábado teneis una carrera en Bastiagueiro aquí cerca. Os reto a que vallais. Competición en toda regla. Prueba del Open Gallego, 100% recomendable, abandonar por una vez el mundo de las marchas cicloturistas y caten la competición!!! Ya ustedes me dirán como fue la experiencia.
Este sábado vai tocar descansar pois o domingo Denis mais eu imos facer a VIA PVBLICA BERGANTINIS cos Ultreia Team... isto é Santiago - Malpica non stop, uns 81 km de nada... para min creo que vai ser suficiente para este finde... de todos xeitos gracias por avisar... PARA CANDO O TEU REGRESO...? a bici ven ou que?
BICI LAMBON XA SE SABE!!!
En Compostela xa cambiaron o dito de "Eres máis lento que o cabalo do malo"
Ahora dise "Eres mais lento que o Bici Lambón" e toca esperar, ahora sólo faltan os frenos, os pulsadores o manillar a potencia, os cierres das rodas, e a horquilla de suspensión. Eso sí, entralle todo ahora a tarde, está en Vigo e entra ahora jejeje.
Po mes falamos rapaces...
Xa pensei q morreras peifo! como vexo q hay reunion de vellas cabras eu tamén me apunto xa q collín de novo a bici. O malo foi q me pegei a gran hostia e estiven parado case tres semanas sen tocar a bici e onte empecei de novo.Donde hay q apuntarse?
Intentando inscribirme en la marcha del agua, Negre vas a quedar a comer allí???
Si hay sitio voy contigo, ya he hecho la preinscripción, opté por la de 45km aunque si hay qe hacer la de 25 tambien me vale. Tengo que solucionar lo de la pasarela esa segura de pago, lo que viene siendo conseguir una tarjeta e crédito para ingresar los 12€.
Comunicame cuanto antes si hay sitio para ir, porque para la semana se incrementa en 5€ el precio de la inscripción.
Apuntome agora a da auga, non sei se quedarei a comer alí. Irei a de 45 km
HABERE MAÑAN ALGUN PARA A CRONO???
Publicar un comentario