Open Xc Oleiros

 Fecha: 21/06/2014
 Destino: Oleiros
 Kms:
 Asistentes: Mike Stone, Menda.

Galicia tropical!!! Diazo incrible, o lado praia de Bastiagueiro, bikinis, sol e tumbado facendo o tempo para que empece a carreira. A falta dunha horiña para o inicio da proba entra un Monzon que encharca o circuito enchendo de lama e enfriando o personal. Asi é a nosa terriña, a chover todo o ano, pero eche o que hai Misae.
Circuito moi duro nestas condicións, e máis ainda cas planchas case imposibles de subir montado na bici. Patinabase incluso empuxando dela. Creo que vai facer falla un extra de footing nestas carreiras, inda me doen os xemelos.
Todo moi bonito, circuito xa en parte coñecido doutros anos, saída típica miña quedádome de antepenúltimo e logo remontando ata chegar a
 Carlos Muñiz que ia nos 11 primeiros, adiántolle na última volta tras coronar o último repecho e Plofff, méteseme un pauciño no cambio que fai que parta a patilla...
Dábame igual, pero esta carreira acaboa, bici o lombo e a camiñar polo circuito, o final posto 23º puntuando que xa e bastante nestas condicións.
A sorpresa foi Mike que o chaman ó podium e nin se entera,
 fixo 3º en senior, Noraboa!!!!!!!!!!! Non me extendo máis que hoxe e San Xoan e hai que ir facer mal pola parroquia adiante.
Lumeee Familia!!!!

No hay comentarios: