OPEN XC Arteixo

Fecha: 27/04/2014
Destino: Arteixo
Kms: track
Asistentes: Robe do Xisto e Palanquiñas Absalón.

Que ben o pasei.
 Así como di o estribillo dunha das cancións de "Terbutalina"
 E FUN A ARTEIXO E NON ME QUEIXO ;)
 Como está o asunto...Parece inevitable non entrar no debate dos circuitos. Que si son moi técnicos, que si teñen moitas pedras. Ou pola contra que se son moi anchos ou rodadores. Hai para todolos gustos. Aínda que os carreteros botan as mans a cabeza cando se atopan con subidas ou baixadas técnicas.
Ao lío!!! Houbo pánico ao chegar escoitando as opinions sobre este circuito:
-Moi técnico.
-Losas.
-Cortados
-Subidas con pedras.

Diola ia caernos a Terceira Mundial e nós so con casco e bicicleta.
 Metia medo. E a verdade que eu non entendía moito, pois tiñamos os Boinas verdes e marines do minibtt enteiros logo de correr pola mañan no mesmo circuito.
Damos a volta de reconocemento, esperade, esperade, esperade. Un inciso jajjaja. Meu compi o Flequis estaba facéndome o interrogatorio de Guantánamo en version XCountry.
¿Cómo baixas por aquí?
Botas o cu patras????
Pinzas a roda??
Tou acojonado
Non sei si correr
Apura
Vas moi amodo
Hai que sair xa

Menuda Malleira de home jajja E mira que o paso ben con él.
 Pero no tema das trialeras levao peor que eu traballar.
Só supen decirlle que...Estirelos brazos :)
E vaia se os estirou o Señor Arturo, según me contou fixo máis rectos polo circuito adiante que Superman polo ceo. Ao parecer tuvo problemas ca cadea e logo para remontar votouse á Criptonita e veña a fender cintas polo circuito adiante jajaja. Ata fixo colegueo cos de protección civil que lle ian cantando as curvas. Por aquí Non, por aqui Nonn!!
O peor da historia esta que o moi lambón da mala hostia que tiña retirouse e non me quiso vir nin invitado a taberna a mandarlle unhas sidras.DEGRASIAO!!!

E ahora eu, a seguir escanciando polo resto do circuito...
 Non me falla nunca un bo amigo para pasalo ben e aquí sempre o meu lado Ivan Pereira
Sempre sae mellor ca min e despois cada un fai o que pode. Rodamos xuntos unha volta do circuito e despois  cedeu para deixarme a min na aventura. 
 
Acerqueime a corredores que penso que ahora non terán moito tempo para entrenar porque so desa maneira puden pasarlles. Luciano Carretero que estará cansado de ganar carreiras e Mesias que ia de chachara con outro Quintena. Eu o meu, desfrutando deste circuito que a verdad despois das "Master Class"da Copa Barbanza dabame a risa o calificativo de "Moi técnico" este circuito.
Tamén estaban os veciños Oeas, de cinco só Jory rematou a expedición Amense.
O FINAL FIXEN 10º Estou que nin o creo :)
E FUN A ARTEIXOOOO E NON ME QUEIXOOO
Saúdos familia.

3 comentarios:

Xava dijo...

Moi ben Anxo, estás feito unha máquina. Prometo que algún día hei de acompañarte, aínda que sexa para non voltar :P.

Anxo dijo...

JAJAJa, tranquilo home. Máis rápido ou máis despacio todo se fai.
Polo que escoitei o próximo circuito en Dumbría non ten problema.

E no último do Open en Compostela como se poñen tirolinas, hai que ir que é na CASA.
Saúdos.

Anónimo dijo...

jaja moi ben palankas este ano estas coma un toro, solo che falta ir as marchas....